Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Desfacerse do lixo

jueves, 29 de octubre de 2009

Non están tan lonxe os tempos en que determinadas materias sobrantes proporcionaban ingresos extra a quen se desprendía delas. E cando a cantidade de ferro ou outros metais, e papel ou cartón, eran importantes, acudían os que daquela aínda non se lles chamaba profesionais da reciclaxe, e pagaban por levar os preciados residuos.

Eran os trapeiros, ferregacheiros, ou calquera outra denominación, que pagaban a tanto o kilo do material recollido, na seguridade de que o maiorista correspondente ía aboar unha cantidade que compensaría o seu esforzo e traballo.

Fose porque mermou a capacidade recicladora de casas ou empresas, fose porque as cousas foron cambiando, xa ninguén paga por recoller material usado, mobles, ferros ou papeis, e agora hai que pagar porque nos libren dunha presencia que resulta incómoda xa que seguimos a producir residuos de xeito cada vez máis veloz e non conseguimos desembarazarnos deles por ningún método cómodo e gratuito.

Da noite para a mañá apareceron en galicia medio milleiro de empresas recolledoras de lixo especializado, con permiso da Xunta de Galicia para recoller, reciclar ou eliminar determinados productos perigosos ou cando menos molestos.

E hai que pagar pola retirada cantidades que poden ir desde os trinta ós seiscentos euros por tonelada segundo sexan de incómodos ou contaminantes estes productos que nos domicilios e nas industrias incomodan ou cando menos estorban.

Estes son os resultados espúreos do progreso, que a cada momento se producen en maior cantidade, cada vez estorban máis, e cada vez tamén menos sabemos que facer con eles.

Quédanos a satisfacción de saber que tanto lixo producido, polo menos, crea empresas que orixinan centos de postos de traballo e crea riqueza pola súa reutilización e transformación.

O que para a maioría non val nada e causa incomodidade, para medio milleiro de empresas é fonte de traballo, produce numerosos postos de traballo, e orixina riqueza para o país. Pois algo é algo.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES