Denunciamos as construccións legais e ilegais que destruen a natureza e poñen vidas en peligro
Cando o auga reclama o seu lugar
Os temporais, as inundacións e o desbordamento dos ríos que anegan vivendas, destrúen estradas e, nos peores casos, levan vidas humanas, non son só fenómenos naturais inevitables. Son tamén un recordatorio incómodo dunha verdade que demasiadas veces preferimos ignorar: a natureza ten memoria. Cando se invade o curso natural dos ríos, cando se constrúe onde nunca se debería construír, a auga acaba regresando ao seu lugar, tarde ou cedo, reclamando o que é seu.
Dende a UNED Senior Coruña, as persoas maiores queremos que estes episodios sexan un toque de atención claro e urxente. Non todo vale. Nin o beneficio económico, nin o egoísmo, nin a falsa idea de progreso poden xustificar a destrución de paraxes naturais, a alteración dos ecosistemas e a permisividade -legal ou ilegal- ante construcións que rompen o equilibrio natural. Cada decisión tomada de costas á natureza ten consecuencias, e esas consecuencias págallas toda a sociedade.
Respectar o entorno non é unha opción romántica nin unha postura radical: é unha necesidade. Protexer os ríos, os seus cauces e a súa contorna é protexer vidas, fogares e futuro. Porque o verdadeiro progreso non consiste en conquistar a natureza, senón en aprender a convivir con ela con responsabilidade, sentido común e respecto. Ignorar esta realidade é seguir construíndo sobre area, pensando que a auga non volverá. Pero sempre volve.