Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Domingo 5 T.O.

Miguélez, Xosé Antón - domingo, 08 de febrero de 2026
• Reparte o teu pan co famento, entón clamarás ao Señor e responderache (Is 58)
• Brilla na terra como luz, quen é misericordioso, compasivo e xusto (Sal 112)
• Nada pretendín saber entre vós fóra de Xesús Cristo crucificado ( 1 Cor 2)
• Vós sodes a luz do mundo: alume a vosa luz á xente para que vendo as vosas boas obras glorifiquen a voso Pai que está nos ceos ( Mt 5,16)

DEUS PÍDENOS E OFRÉCENOS SER CON CRISTO LUZ PARA O MUNDO

Despois de darnos o ser
para que poidamos ter
intimidade con El,
con Ela, co Amor que É...

Despois de dar compañía
como caricia e ferida
e tarefa compartida,
tecendo xuntos a vida...

Despois de darnos a casa
de terra con pedra e lama,
e lume aceso na auga,
coa palabra que nos salva...

Despois de darnos os bichos
con moito ou pouco atractivo,
todos mestres humildísimos,
da imaxinación do espírito...

Despois de darnos memoria
da súa graza abondosa,
e dos sucesos da historia,
chea de crimes e honras...

Despois de tanto alentarnos
con Cristo crucificado
polo amor resucitado
para alegrar e guiarnos...

Despois de tanto regalo,
o Señor convoca ao ben
de amar a xente e a vida,
de gozar e de dar graza
de amarmos sempre benignos,
e de facer cada cousa
co respecto que fai santos.
Pide que o noso facer


e todo o noso querer,
sexa sal e sexa luz
ao estilo de Xesús.

Por amor iso nos pide,
por ben noso e do que existe,
pois todos temos poder
para sermos cada quen,
unha ou un, algo sostén,
do humilde pobo de Deus,
ou dun nosoutros humano
ordenado e solidario.

O mundo ten señardade
de xente enteira e piadosa,
que non se crebe coas dores
nin se pregue aos ditadores,
con pacífico talante
e resistencia animosa.

Dese amor ten fame e sede,
e darlle axuda depende
do noso si decidido,
sen esixir que o veciño
ande o camiño comigo;
andémolo nós con Cristo
fonte de gran agarimo,
e algo será diferente:
ti e o mundo con realismo.

Deus un ser de pleno amor,
Cristo triunfante e humilde,
fai de min un servidor:
que o voso Alento me guíe,
só con vós podo ser libre.


¡Apertas de domingo!
Miguélez, Xosé Antón
Miguélez, Xosé Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES