Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 10 de febrero de 2026
A necesidade de traducir

Nas novelas, nos libros queda moi bonito - e moi culto -inicialos con citas doutros autores e, nalgúns casos, noutros idiomas. O mesmo sucede cando, ó longo da narración, van aparecendo frases, citas, palabras estranxeiras polas páxinas adiante. Dá a impresión de que é para que pensemos que o escritor posúe unha sólida formación cultural, que non escribe porque si, para matar o tempo, senón que o fai con fundamento. E, dito sexa de paso, tamén queda bonito.
Pingas de Orballo Pero os escritores deberían saber que non todos os lectores dominamos idiomas. Aínda que, no meu caso -e non é por presumir- manexo máis ou menos dous (galego e castelán) e entendo... bastante? o portugués e algo de italiano. Mesmo ó catalán lle saco non poucas cousas. Porén, esta crítica vai máis dirixida a eses dous idiomas tan omnipresentes: o inglés e o francés. Non todos os dominamos. Non todos somos tan cultos, tan listos nin tan intelixentes. Nin tan sequera por moitas películas que vexamos en versión orixinal subtitulada.
Co fácil que sería ofrecer unha tradución. Dá igual que sexa inmediata (entre parénteses), mediante un asterisco ou un número que remita ó final da páxina ou do libro; o lugar importa pouco. O importante é que o lector saiba que se está di nese idioma que descoñece.
Xa sei que, cando non se traduce, é porque se entende que non se perde a perspectiva do tema tratado, que esa frase non vai influír decisivamente no desenvolvemento da novela. Pero o lector non le só para matar o tempo (eu, polo menos), senón que tamén quere saber, quere aprender e absorber todas e cada unha das palabras que se escriben. Algúns idiomas non os sabemos, e quedamos a velas vir. Señores escritores, unha tradución entre parénteses ou cun asterisco non custa tanto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES