Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A árbore dos soños

jueves, 29 de octubre de 2009

A imaxinación, soñar, é para mentalidades pechadas, a dimensión díscola, irreverente. Ignoran o leito da nosa creatividade e orixinalidade. Comunidades relixiosas, desfasadas, prohibiron ler textos bíblicos aos seus integrantes, por demasiado licenciosos. Ollan a vida dun xeito raquítico, mísero, perdendo a súa frescura. Iso, co domingo, recitamos un salmo, no que o Pobo de Deus, no exilio, soñaba a liberdade da súa patria.
A Irmandade Manuel María, afondando no contexto de cada creación, aposta polo sentido auténtico da traxectoria de cada persoa e pobo. Dende hai 4 anos, están convidándonos a soñar, e compartir a maxia de autores, que dende a Chaira, espallan un universo prodixioso polo mundo. Premios de Literatura Infantil e Xuvenil, no estado, traducidos a varios idiomas, levados ao cine… Escolleron o mellor marco, a fervenza da natureza que é o Rañego. O sábado ergueron o 4º hectómetro literario, “A árbore dos contos e dos soños”, celebrando a obra de Xabier P. Docampo, de Rábade, con raíces en Castro de Ribeiras do Lea. O escultor, Valdi, de Sada, confiou nunha das pinzas, brancas e azuis, que visten as polas, esta teima: “No Paseo do Rañego unha árbore está a xerminar, a dos contos e dos soños, que quere contar e soñar. Soña que lle medren ramas e follas, nas que poidades colgar, tódolos soños e contos, que queirades... Os do padriño, da avoa, da nai, do pai. Os esquecidos nos recunchos do fogar, non deixemos que se perdan, imos a penduralos nesta árbore, e desta maneira outros, tamén os poderán lembrar”. De seguido, algúns fomos abrindo os nosos segredos, un soño tras outro, ata facer realidade tantas utopías. Nesta xeira de liberdade, celebramos o facedor de soños, que publicou ‘O libro das viaxes imaxinarias’, que se esmera en contar o que escoitou do pai, tecido no cañazo de detalles e localizacións que herdou del.
A fidelidade que nos emocionou, cando limos “A loba”, que fai sentir os ouveos polas Terras de Parga e Aranga. Non é unha escrita de medo, é a palabra ateigada de tenrura. Con cada golpe da súa imaxinación, fai viaxar aos lectores por océanos fantásticos. Benia ao Concello de Vilalba, por empurrar esta iniciativa que invita a seguir paseando polo Rañego, sempre acompañados dos libros.


Para mais información: 646413890

ISAAC DIAZ PARDO
Chairego de Honra

Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES