Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Espanto

Xiz, Xulio - miércoles, 04 de febrero de 2026
Na actualidade tense endurecido a linguaxe policial e todas as actividades delictivas cualifícanse de criminais, aínda as económicas, cando os temas criminais estimábanse reducidos aos relacionados coas persoas, con danos mortais ou morais; violacións e pederastia. O noso ser de humanos ten moi claro o que responde á denominación de "crime", con ou sen sangue.

O venres, revolvéuseme o estómago, alterándoseme órganos que non tiña conciencia de que existisen, ao ler que unha nena lucense foi prostituida pola súa nai durante dous anos, e o home que a violaba queixábase de que a nena chorase. Aínda agora ao escribilo, de xeito involuntario o meu estómase contráese sen ser quen de controlalo, porque a mesma natureza rexeita comprender algo así.

Xa que a xustiza atende razóns que o estómago non entende, os acusados van librar con algo menos de catro anos de prisión e unha indemnización, porque o mal xa está feito, a vida segue e hai que mirar para adiante.

Poderíamos pensar que habería que facer un escarmento que disuadise de cometer estes crimes, pero á vez hai que razoar que quen comete accións así non ten remedio posible, bótase fora da sociedade, e renega do xénero humano.

Non poido rematar seguindo consellos estomacales, e o cerebro pídeme calma. E se no mundo civilizado a vida humana é intocable, aínda que quen comete determinadas accións colócase nun nivel subhumano, a razón -o sentidiño- ten que impoñerse, e coidar que estas excepcións de subhumanidade non veñen máis que confirmar a regla xeral. Aínda que nos produzan un irrefrenable espanto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES