Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ordenará Venezuela?

Santalla, Iago - miércoles, 04 de febrero de 2026
Caeu Maduro. Había meses que se rumoreaba entre distintas teorías sobre como podería ser. Falábase e, se se escoitaba, aquilo ía tomando forma. Ía tomando forma fora dos límites da legalidade internacional. O cambio é necesario pero ben sabemos que o mellor cambio é o que emerxe do pobo para o pobo. Tirando de Celso Emilio, é difícil pensar que de fora veña remedio ou esperanza...

De momento temos o secuestro dun ditador, o ascenso da segunda de abordo e o control total do goberno por parte de Trump. O mesmo que ignorou as eleccións que supostamente gañou a oposición e designou á vicepresidenta Delsy para liderar a transición.

Por outra parte, Trump fala máis de petróleo que de liberdade. Entón as esperanzas esvaécense a medida que o señor Donald se quita a careta de libertador desvelando intereses máis escuros. O prezo da democracia é o petróleo? Vai haber democracia real en Venezuela? Quere Trump democracia en Venezuela?

Non teño respostas pero chama a atención o pouco valor que se lle dá á oposición. Creo que incluso se pode sentir traizoada polo que ata agora só parece un cambio de cara ou un intento de converter a Delcy nunha especie de representante de EEUU.
Un pobo necesita cambiar libremente, decidir libremente sobre os seus recursos, virar libremente o seu rumbo. Isto é difícil con inxerencia exterior...

Caeu Maduro. Fagamos que Venezuela ordene, que sexa dona de si, que se constrúa en liberdade e que nunca sexa colonia de ninguén. Ser colonia de novo implicaría un bucle terrible que exclúe traxicamente a liberdade dun pobo.

Por certo, tamén chama a atención que unha líder da oposición democrática chame a invadir o seu país e despois de recibir o Premio Nobel da Paz llo regale ao invasor (sen a parte económica, claro).

Sorte Venezuela, ben a mereces e ben a necesitas. Coidado cos grileiros que cambian de cara pero non de costumes...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES