Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trinta por hora

miércoles, 28 de octubre de 2009
As cidades son para as persoas e non para os automóbiles. En primeiro lugar, porque os conglomerados urbanos naceron para a residencia dos seres humanos, e as rúas veñen ser o xeito de unirse os bloques nos que os humanos demos en vivir. E as estradas, para unir entre sí os conglomerados urbanos.

Moitas das nosas cidades, a inmensa maioría, naceron moito antes de que se inventasen os vehículos automóbiles. E as cidades históricas teñen os seus núcleos conformados desde hai mil ou máis anos, de xeito que a circulación por eles ou está prohibida e se convertiron en peatonais, ou hai que facelo en determinadas condicións temporais ou de velocidade.

Sabendo que a velocidade é un dos elementos máis importantes na producción de accidentes, temos asumido que a limitación nas estradas repercute nunha maior seguridade, aínda que non entendamos ben por que se constrúen automóviles cada vez máis potentes e veloces cando en ningunha vía do Estado se pode circular legalmente a máis de 120 kilómetros por hora.

Vaille tocar agora ás cidades, nas que a Dirección Xeral de Tráfico pretende limitar drásticamente a velocidade para evitar que os peatóns corran riscos precisamente no lugar onde deben estar máis protexidos.

Ata o momento na maioría dos núcleos urbanos a velocidade máxima é de 50 ou de 40 km. por hora. A D.G.T. pretende limitar a 30 Kilómetros a velocidade no oitenta por cento das vías urbanas do país.

Non está mal a medida se con ela se consegue eliminar ou reducir a sangría que supón a cifra de peatóns mortos ou feridos a cotío. Pero haberá que vixiar o seu cumprimento. Porque se agora mesmo non se dan controlado, por escasa vixiancia, as limitacións existentes, a nova prohibición vai ter que ir seguida dun control oficial -policial- do tema para que sexa tomada en serio, e dela se derive algún beneficio.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES