Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (10)
Blanco Prado, José Manuel - martes, 17 de febrero de 2026
V. Conclusións
A modo de resumo cómpre mencionar como neste concello o patrimonio existente en cruceiros é moi pobre, xa que só encontramos catro cruceiros. O de San Pedro de Tortes, de carácter público, é de finais do século XIX, e necesita unha urxente restauración. Os dous,que hai no lugar de Horta (San Xoán de Agüeira), son privados; do último tercio do século XX; e están ben conservados. Finalmente, o do cemiterio de Becerreá é privado; pertence á familia Rosón; é do último tercio do século XX.
Con respecto ás cruces misionais, están situadas no interior das igrexas parroquiais - casos das pertencentes ás freguesías de Agüeira, Cruzul, Ousón, Quintá da Cancelada, e Vilachá. Son artesanais e amosan unha relevante información sobre as misións, levadas a cabo na primeira metade do século XX. Están ben conservadas agás a do interior da freguesía de A Quintá da Cancelada - a máis antiga de todas- que necesita unha pronta restauración. En canto ás cruces misionais, de índole externa, como a de San Pedro de Tortes, tamén necesita unha rápida restauración ao non estar resgardada da climatoloxía adversa. As cruces misionais de Agüeira, Cruzul e Ousón foron restauradas no mes de setembro do ano 2016 por un artesán do municipio, nomeado Pedro Doval Río.
VI. Bibliografía
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, J.M., e SAAVEDRA PÉREZ, Mario.: Cruceiros do Concello de Vilalba, Vilalba (Lugo): I.E.S.CH. 2011.
ÁLVAREZ CAO, Charo.: "Becerreá", en Galicia, pueblo a pueblo. A Voz de Galicia. A Coruña, 1993.
BLANCO PRADO, José Manuel.: Religiosidad Popular en el Municipio de Begonte, Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, 1993, paxs. 171-174.
BLANCO PRADO, José Manuel e MUÑIZ BESTEIRO, Manuel.: Cruceiros, Cristos, Cruces de pedera, e Esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares (Lugo).VIII Congreso Galego de Cruceiros. Museo de San Paio de Narla (Friol) (Lugo).2016-
EQUIPO IR INDO.: Galicia en Comarcas. Os Ancares e O Courel, Vigo: Ed. Ir Indo
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao.: Os Xesuítas e as Santas Misións en Galicia:Regueiro de Cruces
en Actas do V Congreso Galego de Cruceiros. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra, e Petos de Ánimas. O Porriño (Pontevedra), 2013, paxs. 195-196.
Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Madrid: Ministerio de Cultura, Servicio de Publicacións.T.VI.
MUÑIZ, Manuel.: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Lugo: Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
RODRÍGUEZ CASTELAO, A.: As cruces de pedranaGaliza, Madrid: Akal, 1975 (Ed. Facsimil).
WILLIAM A., Cristhian, Jr.: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español, Madrid: Ed. Tecnos, 1978, páx. 124.
Damos as grazas as seguintes persoas polas informacións recadadas na elaboración do presente traballo: Anxo Eiriz Mouriz. Socorro Vega. José María Álvarez. Javier Rodríguez Picado. María Rodríguez Montaña. Carmen Neira López. Manuel López Pérez. Celestino Rodríguez Raimundez. Gonzalo García Vázquez. Antonio Figueroa Paz. Edmundo Fernández.

Blanco Prado, José Manuel