Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (9)
Blanco Prado, José Manuel - martes, 10 de febrero de 2026
6. Tortes, San Pedro de
6.1 Cruz Misional.
Coordenadas U.T.M. X= 648.645 Y=4.743.900.
Está situada no exterior do muro lateral dereito da igrexa parroquial. Trátase dunha cruz latina, de madeira. Os extremos do brazo horizontal e o extremo superior do brazo vertical, rematan nunha combinación de molduras: cóncava (caveto), convexa (cuarto bocel), e convexa. O extremo inferior do brazo vertical remata nunha orde decrecente nun dobre tramo: trátase da combinación dunha pequena moldura cóncava con outra convexa, que teñen como sostén unha superficie paralelepípeda.
Ao longo do brazo horizontal maniféstase a seguinte inscrición:
"RECUERDO de la santa MISION
POR LOS P.P. FRANCISCANOS"
No brazo vertical amósase a seguinte inscrición:
"AÑO 1961
Y DE LOS P.P. JESUITAS
AÑO 1.9--. Segundo testemuñas dalgúns veciños e do párroco, esta seguda misión ofreceuna un veciño da parroquia a finais dos trinta ou comezos dos corenta do século pasado.
Na parte superior do brazo vertical móstrase a inscrición "JHS" no interior dun círculo.
7. Vilachá, San Pedro de.
7.1. Cruz misional.
Coordenadas U.T.M. X= 656.635 Y=4.749.507
Por riba do arco do presbiterio hai unha cruz misional de madeira, de estrutura latina, e de sección cuadrangular; os extremos dos seus brazos son propios dunha cruz treboada. Así mesmo na intersección de ambos osdous brazos manifestase unha superficie paralelepípeda coas arestas superiores e inferiores rebaixadas. En canto ás inscricións, móstranse en ambos osdous brazos. Así, na parte superior do brazo vertical amósase a inscrición "JHS"; na parte media e inferior deste mesmo brazo maniféstase a data, a saber ANO DE LA VICTORIA. 1939 (data ilexible); finalmente ao longo do brazo horizontal reflíctese a inscrición MISION FRANCISCANA.

Blanco Prado, José Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora