Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e Cruces Misionais de Becerreá, Lugo (8)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 03 de febrero de 2026
4. Ousón, San Adrián de
4.1. Cruz misional.

Coordenadas U.T.M. X= 651.770 Y=4.744.098.
Trátase dunha cruz misional de madeira, de estrutura latina, e de sección cuadrangular, -agás nos extremos- que se encontra no interior da igrexa parroquial, adherida ao muro lateral dereito. Estudio de Cruceiros e Cruces Misionais de Becerreá, Lugo (8) Os extremos de ámbos os dous brazos están formados en cadanseu lado por unha moldura cóncava -caveto- sobre a que se superpoñen dúas pequeñas molduras convexas, rematando nun pequeno arco apuntado. Así mesmo os ángulos existentes na intersección de ambos osdous brazos, amosan unha ornamentación xeométrica, estrelada, que remata en formas puntiagudas. Amosa moitas semellanzas coa cruz misional de Agüeira, sendo ámbas as dúas do mesmo restaurador.
En canto as inscricións tanto do brazo vertical como do horizontal están referidas ao símbolo de Cristo; a data na que se realizou a misión; e, tamén, á orde relixiosa, que celebrou a misión. Así na parte superior do brazo vertical aparece a inscrición INRI. Ao longo do brazo horizontal maniféstase a inscrición. SANTA no brazo dereito; e MISION no brazo esquerdo.
Na parte media do brazo vertical maniféstase a inscrición REDENTORISTAS, dun xeito ovalado. Na parte inferior do brazo vertical amósase a inscrición 11-V/ 1943 /dun xeito superposto.
Con respecto aos elementos decorativos dos que vai provista distinguimos nos seus brazos os seguintes instrumentos da paixón: no remate do brazo horizontal dereito, unhas tenaces; no remate do brazo horizontal esquerdo, un martelo; na intersección dos brazos horizontal e vertical, unha coroa de espiñas -de cor verde- cun corazón vermello no seu interior, que leva un pequeno símbolo cruciforme por riba; na parte superior do brazo vertical, tres cravos; na parte media do brazo vertical, unha hostia cunha cruz vermella no seu interior e un cáliz por baixo da hostia; o cáliz está máis separado da hostia que na cruz misional de Agüeira.

5. Quintá da cancelada, Santa Baia
5.1. Cruz Misional.

Coordenadas U.T.M. X= 655.723 Y=4.756.772
Trátase dunha cruz de madeira, situada no interior da igrexa parroquial, arrimada ao muro lateral dereito. Estudio de Cruceiros e Cruces Misionais de Becerreá, Lugo (8) Esta manifestación artística apóiase nun baseamento, que está composto de tres chanzos de sección cuadrangular, rematando os seus extremos en formas troncopiramidais. Do baseamento érguese unha cruz, de estrutura latina, que amosa unha sección cuadrangular,en ámbos os dous brazos. Na súa intersección hai a xeito de ornatos incrustacións estreladas e xeométricas, que rematan en formas puntiagudas. Tamén ao longo de ambos os dous brazos hai elementos decorativos. Así, a parte superior do brazo vertical mostra dous cravos e parte doutro; na intersección de ambos osdous brazos, manifestase un corazón cunha pequena cruz por riba; no lado dereito do brazo horizontal, móstrase un martelo; no lado esquerdo do mesmo brazo, unhas tenaces; na parte media do brazo vertical, amósase un cáliz; na parte inferior do mesmo brazo, a columna da flaxelación; finalmente na parte media do brazo vertical maniféstanse dous paus longos entrecruzados -a xeito de lanzas- que se extenden de cara aos extremos do brazo horizontal: un, rematando nunha forma triangular; e outro, nunha forma cuadrangular irregular, que simboliza a unha esponxa. En canto a inscricións unicamente encontramos nos chanzos da plataforma a seguinte: "MISION / DE 11 DE SEPTIEMBRE / DE 1923/".
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES