Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir e agradecer

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de febrero de 2026
A vida é o mellor regalo que podemos disfrutar.
Se gozamos de bo estado de saúde: maravilloso.
Se a saúde non está a pleno rendemento: facer o que se poida.
Nacer normal xa é unha gran fortuna.
Vivir é un gran misterio.
Poder disfrutar deste misterio: un milagre.
O milagre de vivir.
A CALIDADE DE VIDA NON TEN PREZO
-Ter un bocado de pan para levar á boca.
-Ter un teito onde refuxiarse e disfrutar na intimidade.
-Disfrutar de vestido e calzado.
-Acceder á educación co que eso leva consigo.
-Te-la sorte de vivir nun país cun certo grao de benestar.
-Non sufri-las consecuencias directas dun país en guerra.
-Gozar de liberdade democrática.
-Ter servizos de sanidade pública.
-Gozar, en certa medida, de seguridade cidadá.
-Ter uns servizos sociais mínimos.
-Ter liberdade relixiosa que nos permíte practicala ou non.
-Ter acceso a internet...
MOITO QUE AGRADECER
-EN PRIMEIRO LUGAR A DEUS, que é o motor de todo.
-En segundo lugar ós nosos devencieros.
Querendo ou sen querer a Deus debémoslle todo.
Non importa que non o vexamos.
A ciencia dínolo; porque ela non pode darnos explicación a todo.
Sen El non podería conservarse nada.
Nós somos meros colaboradores porque EL confía en nós.
Pon o mundo nas nosas mans; pero non nos abandoa á nosa sorte.
EN SEGUNDO LUGAR ÓS NOSOS DEVANCEIROS
Os nosos devancieros deixáronnos un legado baseado en valores.
-Valores para convivir no seo da familia:
Familias con moitos e con poucos recursos.
Familias nas que se aprende a compartir.
-Valores para gañarnos o pan de cada día.
Gañar honradamente o pan.
Aínda que non só de pan vive o home; pero de pan, tamén
-Valores para administrarnos:
Sen estirar o pé máis do que dá a manta.
-Valores para convivir en paz.
Amándonos recíprocamente como Deus manda.
PERO FÁLLANOS A MEMORIA
Esquecémo-las normas moi a miúdo.
O mundo arrástranos e faise con nós cando menos pensamos.
Convertímo-lo mundo nun mercado.
Compramos e vendemos moitas cousas superfluas
Canto máis temos, menos satisfeitos nos encontramos.
O materialismo e o consumismo escravízannos.
Nada do que nos ofrece o mundo sacía plenamente as nosas necesidades
OS RICOS DESBÓRDANSE
A riqueza material por si mesma bota a perder moitas vidas.
Persoas vivindo en pazos de ouro, teñen o corazón triste.
Poñen o corazón nas riquezas materiais e corrónpense.
Viven rodeadas de abundancia e non a saben valorar.
A felicidade non se alimenta só con materia.
OS POBRES SOFREN A SÚA POBREZA
Co que lle sobra ós ricos, xa vivían os pobres.
Pero:
Moitas veces amáñanse coa necesidade.
POBRES E RICOS
Estamos chamados a vivir e agradecer.
Vivir co que honradamente podamos conseguir coa suor da nosa fronte.
Disfrutar do aire que respiramos.
Disfrutar coas belezas da natureza.
Disfrutar co cariño das persoas que nos rodean.
Disfrutar dando o mellor de nós e recibindo o que a vida nos regale.
"DANDO É COMO SE RECIBE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES