Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O verdadeiro Robinson Crusoe

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 02 de febrero de 2026
Na historia da literatura hai ficcións tan poderosas que chegan a eclipsar a realidade que as inspirou. Ese é o caso de "Robinson Crusoe", a célebre novela de Daniel Defoe publicada en 1719, cuxo orixe atópase na vida abrupta e extraordinaria dun mariñeiro escocés chamado Alexander Selkirk.
Selkirk naceu en 1676 en Lower Largo, unha pequena localidade costeira de Escocia, e desde novo amosou un carácter indómito. O verdadeiro Robinson Crusoe Fillo dun zapateiro, escolleu o mar como destino e enrolouse en expedicións corsarias polo Pacífico Sur, unha actividade legalmente ambigua pero moi común en tempos de guerras coloniais.
En 1704, mentres navegaba a bordo do Cinque Ports, Selkirk mantivo unha violenta discusión co capitán do barco. Convencido de que a nave non resistiría a viaxe -de feito, afundiríase pouco despois-, esixiu ser desembarcado nunha illa do arquipélago Juan Fernández, fronte ás costas de Chile. O que semellaba unha decisión racional converteuse axiña nunha condena á soidade.
A illa -entón coñecida como Máis á Terra- era un territorio abrupto, azoutado polos ventos e cuberto de vexetación salvaxe. Alexander Selkirk quedou alí co posto: un mosquete, pólvora, algunhas ferramentas, unha Biblia e a súa maña. Durante catro anos e catro meses viviu completamente só, afastado de calquera ruta marítima habitual.
Aprendeu a cazar cabras, a confeccionar roupa coas súas peles e a construír refuxios rudimentarios. Para non perder a cordura, lía a Biblia en voz alta e cantaba salmos. Tamén domesticou gatos para protexerse das ratas, unha escena que semella saída directamente dunha novela de aventuras.
En 1709, hai hoxe exactamente 317 anos, foi rescatado por unha expedición inglesa comandada por Woodes Rogers. Ó volver á civilización, Selkirk sorprendeu a todos pola súa fortaleza física, aínda que a súa readaptación social foi lenta e difícil. A experiencia do illamento marcárao para sempre.
A historia espallouse axiña por Inglaterra e chegou ós oídos de Daniel Defoe, xornalista e escritor atento a relatos con grande potencial narrativo. Aínda que "Robinson Crusoe" non é unha biografía de Selkirk, comparte con ela o seu núcleo esencial: a loita do ser humano por sobrevivir en soidade, apoiado unicamente na razón, na fe e na vontade. Alexander Selkirk morreu o 13 de decembro de 1721, ironicamente no mar, vítima dunha enfermidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES