Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medalla de Ouro

miércoles, 28 de octubre de 2009
No día de hoxe, a Súa Maxestade O Rei, entrega ó prestixoso intelectual e empresario Isaac Díaz Pardo a Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes. Non vamos a incidir na personalidade de Dìaz Pardo por ser persoeiro dabondo coñecido no país e de xeito especial na nosa comarca, onde a súa obra cultural e empresarial ten unha especial relevancia; bastaría só mentar a Sargadelos co que éste significa na vida industrial, socio-laboral, cultural e polo tanto, económica da bisbarra. O inxente labor levado a cabo por él, todo un símbolo da coherencia, a humildade, da dignidade e o amor á terra, está a recibir dende hai tempo o recoñecemento de tal evidencia histórica por parte de institucións e colectivos que son quen de valorar a permanente actitude humana e intelectual que tanto ben ten reportado, e segue a facelo, a Galicia en xeral é á Mariña en particular, terra na que ó longo dos tempos non se prodigaron precisamente valores semellantes. Isaac, cos seus ilustres cómplices promotores da ambiciosa operación de recuperar a memoria histórica a través da cerámica tradicional con novas formas baseadas na sabenza ancestral, trouxo á nosa bisbarra cultura, arte, prestixo e postos de traballo, directos e indirectos, e o nome dos nosos pobos acadaron renome universal.

Por eso os mariñáns non podemos quedar á marxe das manifestacións de solidaridade con este home sen amosarlle, de xeito colectivo, o noso recoñecemento e gratitude a quen tanto leva feito pola nosa terra, á que trouxo valores imperecedoiros que quedarán gravados con letras de ouro nas páxinas da súa historia. O contrario sería dunha ingratitude imperdoable. O mes de xulio do ano pasado, Díaz Pardo recibía a Medalla de Ouro de Galicia, máxima distinción que concede o goberno galego; un mes despois O Mundo de Galea, de ámbito comarcal, investía ó ilustre intelectual como Cabaleiro do Mariscal Pardo de Cela e o concello de Cervo anuncia o seu nomeamento como Fillo Adoptivo, ambas iniciativas encomiables, pero entendemos que ésta última debería ser solidaria entre os concellos da Mariña e ofrecerlle todos a mesma distinción, feito do que existe precedente. A Mancomunidade de Concellos (¿qué fixeron dela?) podía ser quen a coordinase.

Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES