Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sombra vivencial (3)

Otero Canto, Xosé - viernes, 27 de febrero de 2026
A sombra non ten por que ser sempre obxecto de pena pola perda de algo ou de negrura do corazón A sombra vivencial (3) que remataría como a poesía da nosa Rosalía de Castro en "Negra Sombra", como unha dor existencial da nosa alma galega que é raíña, ás veces, da tiranía ou do absolutismo da nada en loita constante da alma para escapar da súa ferocidade existencial que nos embarga e abrangue como se fose unha manta negra que se bota por riba de nós coas súas poutas e ás de morcego xigante que nos vai perseguindo, sempre por riba de nosa, acompañándonos, e cando peor estamos, ela xa o sabe, bótasenos encima e atrápanos coa saba moura que se cingue ao noso corpo electrizado sen deixar nin o máis mínimo furado da nosa pel, sentíndonos colmados de negrura en todos os nosos poros, mais como é sombra non a vemos, pero afóganos, non nos deixa respirar e alampamos na súa negrura e afogamos a respiración abafando e atafegando o noso ser e a nosa alma, índosenos o alento de sufocacións e atafegos como se unha manta mollada acabase coa nosa chama interior que é a chama de vida tapada por unha cubrición de tellado anónimo sen deixar ningún oco.

Chega a ser como o cargadeiro das portas das nosas casas abandonadas e esquecidas entre o silencio dos eidos que sosteñen a dor sombría da soidade, da anguria e da tristeza que pola morte dun ser querido se bota enriba nosa e permanece como se fose fume que nos enreda e nos abrangue tal se fose o lintel e a clave ou pedra central con que se pecha o arco das nosas vivencias ou a bóveda que sostén o pasadizo das horas.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES