Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tempo ou sombra? (2)

Otero Canto, Xosé - viernes, 20 de febrero de 2026
Ai, sombra! Aínda que sexas unha opacidade que non quere a irradiación da luz, es froito dela, non se te pode apalpar e sentir as túas contornas cambiantes que proxectan Tempo ou sombra? (2) escuridades, tan só os ollos son quen de debuxarte na rotación improvisada e constante dos astros, cando a conxunción da luz non quere esquecerte e faite máis visíbel na túa non materia, quizais os anxos e as fantasmas te poboan e te conforman porque es reversíbel, oposta e irreverente aínda que desaparezas e aparezas, sendo sempre secundaria.

Es como unha filla bastarda da luz que os obxectos non queren, mais es filla deles e froito dun incesto dos obxectos e animais e do sol, por iso, ás veces, queren esconderte ou es ti quen se esconde? Non queres que te vexan e desapareces. Sabes que non hai ninguén, xa sexa obxecto, xa sexa animal que apareza e desapareza sen deixar o máis mínimo rastro coma ti, pero seguro que tes momentos de melancolía por deixarnos así, de súpeto, como quen vai e vén, como quen tece e destece, como Penélope á espera do seu home, seguro que cando desapareces vas como Odiseo á procura doutros lares ou, se cadra, es unha vasala da luz que te coida porque te necesita para poder existir, e nós, cando desapareces, botámoste de menos porque formas parte do tempo e das nosas maneiras de concibir a vida e o mundo que coma ti, escápase e flúe sen deixar rastro en ningún lugar dos que habitas porque, ao mellor, tamén es única e exclusivamente tempo ou sombra.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES