Unha chirigota 'En teoría'
Santalla, Iago - miércoles, 28 de enero de 2026
Vivimos no tempo da polémica onde calquera cousa pode ofender e calquera ten dereito a ofenderse e reclamar un resarcimento. Neste contexto, un ano máis chega o bendito Don Carnal a poñelo todo patas arriba. Cádiz xa é unha festa e o teatro Falla xa anda a buscar a mellor chirigota deste 2026.
Pois velaí que un grupo de "tolos" acordóuselles facer una homenaxe a Stephen Hawking e mercaron cada un a súa silla eléctrica (que logo doarán a asociación de ELA de Andalucía) e aí están cantando coplas, pasodobles e cuplés pola inclusión. Non faltou a crítica social onde mesmo tocan o recente caso de Julio Iglesias...
O caso é que a polémica xurdíu como un resorte e, ante isto, a mín xórdeme a seguinte dúbida: quen se ofende ten que ver coa diversidade funcional? Coñece o humor negro? Sabe o ben que nos fai a moitos e como nos abríu novas perspectivas na vida?
Como persoa con diversidade funcional, non lle vou decir a outra como se ten que sentir pero si vou reivindicar como inclusiva e solidaria a chirigota 'En teoría': primeiro, porque non hai nada máis sano que rirse na adversidade e da adversidade; segundo, porque van doar tanto as cadeiras que eles mesmos mercaron como o premio en caso de que gañen (segundo dixeron); terceiro, porque fan máis pola visibilización que
moitas campañas gubernamentais.
Así que grazas, longa vida a 'En teoría' e longa vida a Don Carnal.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora