Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 29 de enero de 2026
As eivas de Salustiano

Salustiano Sanguñedo Pereira é simplemente O Salustiano. En Galicia, por imperativo legal -ou cando menos moral-, todos os nomes deberían levar artigo: O Salustiano, O Evaristo, O Inocencio, A Contempla, A Remedios, A Pingas de Orballo Lola da Amparo..., etcétera.
Aínda non comecei e xa me estou desviando do asunto, do esencial, do que quero contar. Vou. O Salustiano é coxo da perna dereita e manco da esquerda. Pobre Salustiano! Porén, dentro da calamidade, o de ser manco cadroulle ben. El é dereito e sería moito peor sentirse inútil de todo.
De inútil non ten nada. Vive a vida á súa maneira e, quizais, mellor mesmo ca a maioría dos mortais. Como quedou solteiro a causa das súas eivas, non depende de ninguén e non ten que mandar en ninguén. Isto tamén xoga ó seu favor, pois sendo como é -de corazón nobre e alma caritativa-, todos pensamos, os veciños digo, que non ten carácter para mandar. Para mandar tamén hai que saber, tamén hai que valer. Mandar non manda calquera. Ou si.
O Salustiano non é dos que saen moito de can, da casa. Sempre ten medo a que a xente se mofe das súas deficiencias, das súas lesións. A realidade é que os veciños máis ben se compadecen del. Pensan que xa lle chegaba cunha eiva desas como para cargar coas dúas. Moitos, medio en broma medio en serio, comentan que só lle faltaba perder un ollo e quedar xordo dun oído. Hai que lembrar que a xente, ás veces, esbardalla moito. E case nunca para ben.
O Salustiano axuda, pero non deixa que o axuden. Non quere sentirse máis inútil do que xa o ven. Algún neno, con mala baba, chámalle O Medio Inútil. Son nenos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES