Non somos cadáveres andantes
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 29 de enero de 2026
Afortunadamente o ser humano é un ser chamado a vivir unha vida plena.
Un espermatozide privilexiado e un óvulo, deron lugar á persoa que somos, grazas ó Dono da vida e ó amor dos nosos proxenitores.
Un ser superior pensou en nós desde a eternidade e deunos a oportunidade de pasar por esta vida vivindo en fraternidade para seguir felices na outra morada que nos ten reservada.
A ciencia demostra que a morte non ten a derradeira palabra.
NON SOMOS FROITO DO AZAR
Somos seres programados que sabemos de onde procedemos e cara aonde nos diriximos.
A nosa conciencia dínolo.
A veces facémoslle caso.
Outras, desviámonos do camiño correcto.
Pero sempre temos a oportunidade de retomar.
A VECES DÁMOS UN PASO EN FALSO
Somos humanos e, por ignorancia ou fraxilidade humana, caemos na tentación.
O demo non descansa e sempre colle a alguén desprevenido.
Momentos de mala sorte, témolos todos.
Nesa situación, perdemos por un tempo a dignidade humana.
Comportámonos como cadáveres andantes.
Imos sen rumbo por un túnel que non conduce a bo porto.
SENTIMOS A NECESIDAE DE CAMBIAR
A veces é a voz da conciencia a que nos dá o aviso.
A veces aprendemos por experiencia propia.
Outras veces é unha palabra amiga, un acontecemento, unha situación extrema...
En calquera dos casos é unha chispa de luz divina que ilumina o noso entendemento e móstranos o camiño de retorno.
Non queremos sentirnos como cadáveres andantes.
A VECES NECESITAMOS AXUDA
Se tivemos a mala sorte de caer nun pozo moi fondo, necesitamos axuda:
-Da familia.
-Dun gran amigo.
-Dun mestre.
-Dun psicólogo.
-Dun sacerdote.
-Dun psiquiatra.
-Dunha institución...
CÓMPRE IR CON MOITO TINO
Nos mundos que corremos é moi fácil "esborrexer aínda que pareza que o chan está enxoito".
En familias con moi bos principios danse casos moi dolorosos.
En familias desestructuradas, posiblemente o terreo estea máis abonado para esborrexer con maior facilidade.
¡Unha magoa!
Nestes tempos de tantos cambios, non resulta fácil.
¡¡¡O mundo preséntanos tantas e tantas oportunidades para caer!!!
¡ABUNDAN TANTO OS ENGANOS!
Bombardéannos por tódolos costados.
Métennos por todos os nosos poros información de todo tipo.
Non estamos preparados para asimilar correctamente todo canto se nos ofrece.
De aí que aparezan nos medios de comunicación abundantes noticias sobre:
-Desgrazas.
-Roubos
-Estafas.
-Problemas de todo tipo.
Pero non estamos abocados ó fracaso.
A DELINCUANCIA PERSÍGUESE.
Danse casos de difícil recuperación.
Desgraciadamente algúns casos acaban sendo cadáveres andantes.
Pero a maioría das persoa negámonos porque sempre existe a posibilidade da reinserción na vida normal.
Queremos levar unha vida digna que nos permita construir un mundo que responda á misión á que estamos chamados: vivir e agradecer.
"VIVIR E AGRADECER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora