Terma tí da porta
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 19 de febrero de 2026
Vivía un home en Foz que lle gustaba moito o viño, así acontecía que sempre andaba bébedo. Na súa profesión era un mañoso como poucos había, ben pagado e moi valorado, pero a fatalidade do alcol facíalle non cumprir ben co seu traballo.
Nunca saía coa súa muller, andaba ó seu e a súa historia só consistía en andar de troula e beber viño.
Un bo día que o noso protagonista tubo un momento de lucidez, convidou a saír de paseo á súa muller, cuestión que ela aceptou.
A pesar de ir acompañado da súa esposa non se privou de beber coma sempre e por suposto que "cargou para Navia" como se sole dicir por estes lares.
A muller colleuno de gancho polo brazo e aló se foron de cara á casa. Subiron como puideron as escaleiras ata o seu piso e ó chegar á porta o noso home sacou a chave do peto para abrir, pero despois de varios intentos non daba metida a chave no burato por mor do desequilibrio polo exceso de viño.
A muller xa cansa da escea e de ver que non daba metido a chave para abrir, recriminoulle a situación e de moi mal xenio díxolle ¡trae a chave para aquí que abro eu!, pero o noso home todo convencido díxolle á muller ¡non fai falla muller. Ti aguanta da porta que xa verás como consigo meter a chave!.

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora