Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pobo: o canto da moeda

martes, 27 de octubre de 2009
Se observas que o teu fillo, aínda sendo do colo, prefire unha moeda a un xoguete, comezas a reflexionar. Como poden dici-los libros que as moedas teñen dúas caras se a maioría dos cidadáns só ve a cruz?- pregunta o neno, mentres medra. Daquela, o teu cerebro procesa forzado. Logo, xa espido da inocencia, o rapaz non acerta a comprende-lo reparto do reverso, onde vai gravado o valor monetario, do cal o intermediario leva as decenas e ó produtor as unidades; a partires diso o teu fillo comeza a desconfiar das “verdades" dos adultos para non tardar en se convertir nun adolescente convencido de que ter moita cara ou vivir dela é símbolo de admiración nesta sociedade. Entón non tes máis remedio que recicla-lo cerebro ou cambia-lo procesador mental.

Inmerso na desconfianza e no escepticismo, calquera intento de endereita-lo obrar do mozo, semellará un castigo, un camiño de espiñas inmerecido. A comparanza cos menos esforzados será inevitable. Protestará, non se resignará a formar parte do pobo atrapado, coma o canto da moeda, algo insignificante que soporta día a día a presión das dúas “caras”, familia e sociedade; ámbalas dúas, por riba, gastando “o morro” de predicar que todo canto fan é polo seu ben. ¡Xa! ¡Xa!

O teu fillo oe pero non escoita; os pais discuten botándose as culpas. Prodúcense as fendas e o teu fillo rebotado atopa mil xustificacións para fuxir do sistema e adoitar un comportamento antisocial. Desacougado, temes que o teu proxecto de fillo non se recicle e remate no verquedoiro da escoura humana. Derrubado, rebobinas. Algo tiven que facer mal? Precisas axuda; saes á rúa. A xente ten présa. Adianta-la man para pidir que te escoiten e… bótanche unha moeda. Unha esmola que te senta no chan, á altura dos zapatos.

Pouco a pouco, a moeda esvara por entre os dedos da man para ficar de pé, ergueita, apoiada no canto. De se mante-lo equilibrio entre as dúas caras, cun pequeniño impulso avanzará. Aquilo faiche comprender que a moeda nada sería sen a resistencia do seu canto, igual que o pobo honrado, é o sostén e debería se-lo espello da sociedade.Os ciudadáns somos minúsculos puntos apretados no canto dunha xigantesca moeda. Soportamo-los envites interesados das caras. Aprétante por todas partes.

Ti, que admiraba-las monedas como medio e non como fin, descobres que desapareceron do canto as inscripcións. Recuperas recordos. Tempos nos que, pola gracia de Deus, as monedas estaban coa cara ó sol mentres, á sombra, outros cargaban co xugo alentando na fe e na esperanza da redención. Tempos de emoción ó descubrir que a moeda se apoiaba no canto para asistir ós concertos sin ira onde a democracia bailaba e o pobo aplaudía con ledicia e sacrificio igual que os pais miran polo ben dun fillo.

E agora, después de tanto esforzo, doe comprobar que as dúas caras, dereita e esquerda, esquecen que o verdadeiro valor da moeda está no canto, o pobo, que xa sospeita se non o andarán a esquilar a pesares de que o “esquileo” do canto xa quedou prohibido no século XVIII cando se limaban os bordes das moedas de ouro e prata para utiliza-las limaduras con fins de lucro.

Basta xa! Sobor do canto da moeda cómpre grava-los valores da Paz, da Xustiza e da Igualdade; non como lenda senon como semente que faga renace-la confianza no sistema e os nosos fillos aprendan que as moedas non se obteñen pola “cara”. Daquela teremos un problema menos entre os fillos e os pais.

Piñeiro Gzlez., Francisco
Piñeiro Gzlez., Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES