Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aquel 23 F

lunes, 26 de octubre de 2009
Xa se cumpriron vinteoito anos daquel infausto episodio que puido significar volver a comezar de cero na convivencia nacional. E, precisamente no momento en que ven de falecer Sabino Fernández Campo, un dos protagonistas daquela xornada, constanto que comezan a saberse cousas ata agora intuídas, e saen a relucir temas entón non aclarados, e encaixan nun puzzle imaxinario moitas cuestións nunca abondo explicadas, que non interesou explicar e sobre as que nós tampouco pedimos nunca aclaración.

Leo o libro de Javier Cercas, “Anatomía de un instante”, no que radiografía aquel asalto ó Congreso, buscando todas as claves, reflectindo con libertade todo tipo de xuicios, e abrindo os ollos ós que coma min lles bastou o resultado e non quixeron pescudar moito máis no que pasou e por que pasou.

A virtude de Cercas, que en algún momento pode parecer defecto, é que cando atribúe a un personaxe unha idea ou unha actitude, axita conceptos e persoas para facernos comprender que eso era o que pasaba, ou o que a persoa cría que pasaba, ou o que os demais lle facían crer. E o libro, en lugar de ser un inmenso panorama de dúbidas, resulta un caleidoscopio da España tan lonxana de 1981, na que Suárez xa tiña esgotada a súa inmensa maxia, o seu partido partírase de xeito definitivo, e ninguén parecía conforme coa marcha de España.

Pujol, nas súas memorias, confesa que Enrique Múgica lle propuso sustituir a Suárez por un militar demócrata á fronte do goberno. Armada puido ser un iluso, pero parece que non estaba só.

Houbo tolos aventureiros. Pero máis de catro. Houbo civís, pero máis dun. Está ben esta perspectiva vinteoito anos despois, como se se abriran os arquivos da historia para mirar con máis detenimento.

Oneto escribiu no seu momento do 23 F. E Pilar Urbano, publicou “Con la venia, yo investigué el 23 F”. Moi ben publicado e investigado, en momentos difíciles que todos tiñamos grande interese en superar.

Cando vin que se publicaba un libro sobre o 23F, coidei que todo estaba dito, pero merqueino polo interese que o tema sempre me despertou. E alégrome de telo mercado, pola claridade que se desprende do conxunto de certezas e incertezas, de suposicións e confidencias, de análises e observacións.

Unha das conclusións – pode haber un cento, un milleiro – é que o 23F foi a conxunción dunha morea de intereses, desintereses, ánsias de poder, imprevisións... que estiveron a punto de facer fracasar o intento democrático, pero foron o mellor apoio para a nacente democracia.

Posiblemente haxa que esperar outros vinteoito anos para seguir profundando. Pero ás veces agardar merece a pena.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania