Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fusión das caixas

lunes, 26 de octubre de 2009
Sería como Nessie, recurso informativo para tempos de seca, se non se tratase dun dos temas máis importantes para a vida económica galega. Unha vez máis xorde a polémica da fusión das dúas caixas galegas, ou a vinculación destas ou dunha delas con algunha doutras comunidades, entendendo que neste tempo de mudanza a union producirá maior forza, e o tamaño importa para poder afrontar mellor os continuos retos económicos que na sociedade se van producindo.

As máis interesadas no tema, as propias caixas, non se pronuncian máis ca con tímidas declaracións puntuais ós medios informativos, mentras parece irse pechando ó seu arredor o circundo mediático e social que agarda pola boa nova, entendendo como boa a fusión que culminaría o xa longo proceso de unións efectuadas no decurso do tempo.

O Club financiero de Vigo ven de pronunciarse en contra da fusión, como o tamén o fixo a continuación a Cámara de Comercio de Ourense, en tanto que os empresarios pontevedreses van efectuar un estudio para poder pronunciarse sobre o tema, e a Xunta de Galicia manifesta, por boca do seu Presidente, a intención de que sexa esta institución, de acordo co Banco de España, a que teña a última palabra sobre o tema.

É un tema ben importante no que non se pronuncian os directamente interesados, que serían as institucións, os seus órganos directivos, os impositores e – a través das súas representacións- os consumidores e, en xeral, todos os galegos.

Porque os órganos rectores das caixas poden ser moi representativos dos seus clientes, pero as súas accións ou omisións repercuten en todos os galegos. Polo tanto, todos os galegos deben decidir. Con arreglo a esta premisa, vai resulta que é a Xunta a que máis dereito ten – quizáis a única- en decidir sobre a cuestión.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES