Bruno Lopes
Maceira, Francisco - lunes, 19 de enero de 2026
Leo estupefacto que abren dilixencias contra Bruno Lopes. Non ven nada malo en que un país secuestre ó presidente doutro para roubarlle o petróleo (dano colateral: 100 mortos). Non ven nada malo en matar a 70.000 persoas en Gaza. Pero investigan a un veciño de Ferrol por denunciar estas masacres. O mundo ó revés. Costoulles carros e carretas chamarlle xenocidio ó que estaba facendo Netanyahu, pero seguimos comprándolle armas. Igual que llas compramos a EEUU. Donald Trump acaba de soltar no seu país, unha xauría do Servicio de Inmigración y Control de Aduanas. O ICE está desplegado para cazar humanos con poucos papeis. Acaban de enterrar a unha rapaza que un destes policías lle disparou tres tiros na cara. Nicole era estadounidense, madre de 3 fillos e... poeta. Pólvora ianqui para matar a unha poeta.
Xa sei que simpatizar cos poderosos pode parecer cómodo e confortable. Con Israel pola súa avanzada tecnoloxía dixital. Con EEUU, polo seu todopoderoso exército, a Delta Force, o ICE... Pero nestes tempos tan convulsos hai que posicionarse. Abandoar a equidistancia. "A veces un sabe de que lado estar, simplemente vendo quen está do outro lado" dixo Leonard Cohen. Por eso escollín poñerme fronte ós matóns de patio. E do lado do pobo palestino, da poesía e de Bruno Lopes.

Maceira, Francisco
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora