Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sucesos incríbles (13)

Gómez Vilabella, Xosé M. - miércoles, 04 de febrero de 2026
A Santa Isabel de Outeiro de Rei

Lémbrome, coma se fose onte, daquela primeira visita á Santa Sabela, unha especie de peregrinación evocadora da que lle fixo a Virxe María, en ocasión memorable, á súa Sucesos incríbles (13) prima, á nai do Bautista, como é ben sabido desde as primeiras nocións do Catecismo. Nesta evocación, e nesta advocación, é un pracer para os cristiáns que a nosa visita aos seus santuarios se repita cada 2 de xullo, que son os días grandes, e daquela hai tempo para rezar e para gozar, e non o 5 de Novembro que é onde a tiña acurrunchada o vello santoral romano.

Mirade se vén de lonxe este feliz nome, que Elixeba xa se chamaba aquela cuñada de Moisés, muller do seu irmán Aarón. Para os galegos, que lle puxesen ese nome á nosa domadora, á nosa castradora, desvalorizouno un pouco, pero a Santa é unha cousa, e aquela Raíña, outra, por máis que tamén a queiran levar ao altar! ¡Custaralles traballo!

Un día, tomando café con Manuel María, concretamente en Lugo, nos Soportais, o poeta chairego púxonos de volta e media, de impíos e ignorantes, por non ter cumprida esta devoción. Tan pecaminosa era, ou así a consideramos, aquela situación, aquela omisión relixiosa, que daquela mesmo nos arrepentimos do noso esquecemento, e pedímoslle ao Vate da Terra Cha que nos acompañase, sequera fose de Guía espiritual.

Naquela ocasión ese Campo da Santa Isabel estaba virxe de autos, ¡que aquí téde-la base de cálculo para situa-la escena! Sucesos incríbles (13) Como consecuencia, para non incorrer nun sacrilexio telúrico, deixámo-lo noso Hillman medio a medio da Vila, e botámonos a camiñar polas leiras adiante, ou máis exactamente, polas leiras abaixo, polo carreiro travesío. Manuel María detívose, cal druída, en cada carballo, en cada freixo, nos castiros e nos bidueiros, nos cómaros de pampillos... De cada cousa cantounos, e contounos, a súa historia: as lendas, a beleza do seu amado Outeiro de Rei, regato do Cepelo incluído. Se algún día modificámo-la Constitución, suxiro que se propoña que tódolos Concellos teñan un Poeta, ¡encadrado! ¿Lograrase?

Aquela tarde, tan poética desde tódolos prismas, co poeta por Guía, a capela da Santa estaba soa, ¡pero estaba! Anos despois, e xa desde Coruña, prometinlles aos meus fillos ensinarlles aquel campo sacro, edénico, perfecto onde os haxa; co arboredo vizoso, coa capeliña, sinxela pero lucida, upada nun outeiro, como lle corresponde, co Miño aos seus pés, coa represa, co muíño...

¿Faltaría algo naquel recuncho? ¡Ningún sibarita pediría máis! Pero..., ¡ira de Deus, o que fan os tempos, os tempos e maila xente, emperrada en enxurralos, todos aqueles que se deixan ir coas modas! Alí, no mesmo sitio, naquel paraíso idílico, nesta nova visita, sobraba asfalto e faltaba igrexa, que nin que a deslousasen adrede, acaso para reencher as corredoiras da bisbarra, para eliminar, de paso, outra beleza! (Para cando saía á luz este libro, conto con que a igrexa estea debidamente restaurada, e o campo aseado). A miña muller persignouse, arrepiada:

-¡Deus, que incuria...; aínda que só fose polo ornamento deste lugar sacro, pois isto merece unha Misa!

-Muller, Cura haberá, polo menos ambulante, deses que van de parroquia en parroquia, coma os afiadores, a golpe de bucina, afiándolle-la alma: ¡Faise saber que hoxe hai Misa na Parroquia Tal, co rosario en playback!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES