Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Veñen os Reis

Xiz, Xulio - miércoles, 14 de enero de 2026
Son devoto dos Magos, malia que non me prestaron atención ata que fun maior. Este día cinco estiven á súa beira en Begonte e en Lugo, confortado por unha información radiofónica que xustificaba que puidesen estar á vez en milleiros de lugares de todo o mundo. Xa que ao ser magos poden multiplicarse indefinidamente, e que para eles non hai barreiras temporais, atendinos no Belén de Begonte - onde logo se demoraron con todos os nenos do concello -, e pouco despois agardeinos na rúa lucense da Raíña, presenciando un desfile como na miña vida tiña visto.

Nico, sobriño neto, que con tres anos estreaba paixón pola comitiva real, situábase no medio da rúa para contemplar a cabalgata, que tardou en aparecer, pero valeu a pena. Mentras os maiores pasmábamos diante da comitiva, el agardaba únicamente polas Maxestades dos agasallos, confesándose devoto entusiasta dos tres. Eu, pola contra, con visión de adulto, calculaba o custo do desfile sen atopar cifras abondas para calibrar o que supuña para as arcas pagadoras, pero dándoo por ben empregado diante da magnificencia coa que os Reis brillaron diante dos seus súbditos.

As cousas hai que facelas ben, e en Lugo moi ben foron feitas. Aínda que os máis afectados só tiveran ollos para as carrozas dos Magos, de onde procedían os caramentos e as promesas implícitas da visita nocturna, xenerosa en proporción ao potencial económico ou ao esforzo dos pais. Porque non hai que esquecer que, na vida real, segue a ocorrer que os agasallos entran máis doadamente nunhas casas ca noutras, sexa porque os pais poñen pouca fe nas peticións, ou se esquecen de botar as cartas ao correo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES