Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os bens dos políticos

viernes, 23 de octubre de 2009
Como se servise de algo, os membros do Goberno de España veñen de facer públicos os datos do seu patrimonio, nun presunto afán de transparencia, que ten paralelismo nas declaracións que formulan os parlamentarios en relacións cos seus bens e intereses.

Chama a atención neste noso goberno que toda unha Ministra, unha rapaza nova por certo, teña como patrimonio unha cifra de pouco máis de 38.000 euros, e un político de longa traxectoria como Manuel Chaves non chegue ós 69.000. E frente a esto, un presidente que anda polos 209.000, un ministro lucense -José Blanco- con pouco máis de 239.000 e unha ministra, Cristina Garmendia, que anda rondando os cinco millóns de euros.

Os fríos datos económicos pouco significan nestes casos, xa que o feito do cargo que ocupan é de por si unha plusvalía que os vai acompañar por sempre, e pola que non hai que cotizar en ningunha declaración económica.

Pero, ¿de que sirve que os políticos declaren os seus bens?. ¿Para cotexar estas propiedades de hoxe coas que teñan cando deixen a política?. Moi poucos dos seus gobernados prestarían un segundo de atención á información que desa comparación se obtivese, por desconfiar dela por anticipado.

En tempos, só se dedicaba á política o que tiña medios abondos para ese cometido, porque as campañas e o desempeño das súas funcións significaban onerosa carga. Hoxe non é así, afortunadamente, e á política pode dedicarse calquera, incluso os que emprenden esta carreira como un xeito de facer fortuna ou, alomenos, atopar un posto de traballo.

Que se publiquen datos, froito das cifras oficiais de propiedades, está ben como punto de referencia. Pero as riquezas son moitas outras, os intereses moi complexos, e a confianza do público na seriedade dos procederes, moi lonxana. Esto das declaracións pode estar ben, pero falta moito para que haxa confianza.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES