Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De transparencias e incoherencias

jueves, 06 de noviembre de 2003
Últimas (non derradeiras) xoias. Martin Villa, (o Comisionado do Governo para o Prestige), o día do cese: "Que hablen los técnicos que saben más de esto que yo (¡ iso xa o sabía, antes de aceptar!)."Error, al principio, con afán de dulcificarlo". "(¿Que había que dulcificar, D. Rodolfo?). O Sr. Conselleiro de Cultura:"Fué un desastre más mediático que ecolóxico"(¿De verdade, cré iso, Sr. Pérez Varela?). Curioso diálogo en Barcelona: Sr.Fraga: -"Eu tamén fun emigrante!"- Muller galega: "-Eu son emigrante"- Sr. Fraga: -¡"Váiase de paseo, señora!". Xa, na Terra, ( acto entrega dunha patrulleira á Garda Civil) ó ser preguntado polo acto do sábado no local de Saudade (¡non era unha ducia de gamberros senón 300 persoas!) ó se referir ós actos do aniversario da traxedia do Prestige que vai celebrar a Plataforma Nunca Máis, afirma: "todo ese festejo de traca final que están preparando... ¡se lo van a tragar como todo lo demás!" (Preocúpame a linguaxe e os xeitos do noso Presidente. ¿Que será iso de "todo lo demás"!?). Ó Sr. Aznar e á Sra. Ana Palacio, pregunto tamén: A chamada ós diplomáticos en Bagdad, ¿é para charlar, para consultar, para cambiar impresións, para simples mudanzas... ou para evacuar?. Postos a preguntar (e mesmo a suxerir), digo eu: ¿sería posible, de paso que fan isto, chamar tamén (e traer para acó) ós militares que corren aínda máis perigo?. Desde logo: ¡é de agradecer tanta transparencia!. ¡Canta sinceridade!. Só nos queda, ollar cara o ceo, e rezarlle a Deus: ¡En que maus estamos, Señor!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES