Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (4)

Otero Canto, Xosé - viernes, 30 de enero de 2026
J. Williams: Tres cancións do Nadal de "Só na casa"
Surrealista concepción do concerto escrito mentres se desenvolvía.


Primeira
Estamos sós na casa, en silencio e pasan as horas nunha tranquilidade de sofá ou de butaca confortábel cando os violíns non parecen estar moi conformes. Cantan os pícaros panxoliñas de chuchameles e de parabéns que van saíndo das súas gargantas loando o Nadal que se acerca e se expande por toda a terra acariñando as xentes de boa vontade nunha felicidade que nos arrouba e engaiola,
Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (4)
Segunda
Non sei se un cabaliño anda polo ar, pero o que si sei é que as súas patas galopan e galopan ata as nubes brancas que chegan ao ceo en raios multicolores xunto aos sons que te engaiolan onde os coros lévante a un ceo transgresor de ideas e sentires, Agora e despois e todo está implicado no máis alá que nos absorbe dun grandioso furado negro que solicita o tambor e os pratiños que se deitan entre a auga resucitada entre o silencio.

Terceira
Felicidade no Nadal para todos os lugares onde haxa casas e seres porque todos xuntos sabemos da paz do universo que está chamada polas trompetas que nos abren os soños que se quedan connosco para sempre e as mesmas trompetas son capaces de dicirnos paz, paz e paz en todas as ordes, de todos os xeitos, para todas as persoas, en todos os continentes porque a xente verase liberada co son da trompeta que nos traerá unha nova orde no universo.

A Coruña, 19 de decembro de 2025
Xosé Otero Canto
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES