Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (1)

Otero Canto, Xosé - lunes, 12 de enero de 2026
Inmenso anfiteatro clásico onde a madeira é a decoración e tamén a virtuosa solista que nos agasalla no seu concerto decorativo do pazo. Madeira no piso, madeira nos decorados semicirculares, madeira no proscenio e Pazo da Ópera da Coruña. Concerto do Nadal 2025 (1) madeira no artesoado do teito recibindo claro-escuros dos triángulos e diedros curvos nunha progresión xeométrica de esqueleto fosilizado dun peixe ou animal mariño que se vai estendendo polo ceo do pazo á espera dos sons que vai recibindo e que se van escoando entre a madeira de irregulares formas que proxectan os sons das súas ás cara á cavea dividida en tres seccións igual que os anfiteatros romanos: a "imma, media e summa cavea" comunicadas polos corredores ou "vomitorium" enmadeirados que rematan todos en andadeiros semicirculares.
Todo o pazo da ópera é unha dedicatoria e culto ao celtismo, onde o círculo e o semicírculo fan arrogancia e prestancia dun auditorio que se prorroga nun barullo quedo que sorprende á mesma sonoridade que sae das butacas e céibase no espazo sonoro que entra e sae dun bulicio que espera a chegada da Sinfónica de Galicia no seu Concerto de Nadal.

Continuará...
A Coruña, 19 de decembro de 2025
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES