Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fai a festa e bota os foguetes

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 12 de enero de 2026
Nos últimos anos, á política exterior de Donald Trump cualifícana os gobernos, analistas e organismos internacionais como unha nova etapa do imperialismo estadounidense, que se caracteriza pola ameaza e o uso da forza máis alá do visto en administracións recentes. Fai a festa e bota os foguetes Desde a súa volta á Casa Branca, Trump impulsou e autorizou unha escalada militar global que incluíu ataques aéreos e bombardeos en múltiples escenarios de conflito e a miúdo advertencias de acción directa contra gobernos soberanos.

Un dos exemplos máis controvertidos acaba de acontecer contra Venezuela, na que forzas ianquis bombardearon obxectivos en Caracas e secuestraron ó presidente Nicolás Maduro (outro que tal), trasladándoo a Nova York para enfrontar cargos contra o narcotráfico. Agora Trump xa anunciou que o seu país administrará temporalmente a Venezuela.

Segundo o goberno de Donald Trump, estas accións responden á necesidade de combater o narcotráfico e o narco-terrorismo que, ó seu dicir, ameaza a seguridade estadounidense. Xustificou bombardeos de lanchas e embarcacións no Caribe e o Pacífico alegando vínculos con grupos criminais transnacionais, aínda que fontes independentes observan falta de evidencia clara sobre esas conexións.
O Atila ianqui tamén estendeu as súas ameazas a outras rexións do mundo. Mísiles lanzados contra obxectivos terroristas en Nixeria; bombardeos en Iemen contra rebeldes hutíes, aliados de Irán; ataques aéreos en Somalia contra faccións do Estado Islámico e al-Shabab; bombardeos en Iraq contra o terrorismo global; ataques en Siria contra posicións do Estado Islámico; en Irán bombardeou instalacións nucleares; e agora quere ir contra Groenlandia, Colombia, México, Cuba e non tardará en incluír a España porque, nós, non pasamos pola pedra, non imos ó rego. El, o seu país actúa como árbitro global disposto a impor a súa vontade a través de medios militares.

No marco internacional, todas esas accións desencadearon condenas na ONU (é un dicir), onde varios países cualificaron os ataques, principalmente en Venezuela, como unha agresión e violación da soberanía. Seguro que non tardará en recibir o premio Nobel da Paz e sen compartilo con ninguén. É Trump o tal como para compartir "éxitos" con alguén. Como se adoita dicir: (El, a CIA, o seu Goberno) fai a festa e bota os foguetes. E vaia foguetes!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES