Ata 2013
Editorial - jueves, 22 de octubre de 2009
Non máis. En 2013, rematan as subvencións ou axudas da Unión Europea a Galicia. E xa non hai queixa, que tempo tivemos os galegos de fomentar o desenvolvemento do país gracias ás axudas que viñan de Europa.
Eramos obxectivo prioritario da U.E., polo noso subdesenvolvemento, e por eso houbo importantísimas axudas para Galicia. Pero Europa medrou ata chegar a vintesete membros, e os criterios variaron porque os novos membros do leste europeo tiñan moi baixos niveis económicos, co que o promedio europeo baixou e Galicia deixou de ser oficialmente un país pobre.
A cifra fatídica queda moi preto: 2013. Ese ano pecharanse as axudas da Unión Europea a menos que os nosos políticos consigan que varíen algúns criterios.
Anda o Presidente da Xunta de Galicia en xestións para que o 2013, en lugar de caída en picado -en termos económicos- se produza un aterraxe suave cunha moratoria ou diminución progresiva destas axudas, tendo en conta as nosas circunstancias históricas, económicas e sociais.
Neso estamos. Queda tempo, polo de agora, e estanse a buscar axudas ou apoios por parte doutras rexións europeas que están en similares circunstancias buscando facer fronte común -15 rexións en total- diante da Comunidade.
2013, queda aí mesmo, á volta de case nada. A ver se esa prolongación se efectúa, e sabemos aproveitar xeitosamente o maná que ata agora nos chegou e que moi axiña vai rematar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora