Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As achas da democracia (2)

Rubal, Pedro - viernes, 23 de enero de 2026
Pero, realmente, ¿que fai desexable a un sistema de goberno, de tal maneira que, nunha sociedade libre, os individuos que a integran elixan emprender unha acción colectivamente e non individualmente?. Se é democrática a sociedade indica quen son os árbitros da situación, porque a democracia debe ser un sistema que produce un balance máis positivo entre os beneficios e custes para os cidadáns. E tendo isto en conta, séntese a necesidade de preguntarse se son os custes da organización menores que os beneficios, porque hoxe en día os asesores inútiles ou innecesarios , como as persoas con cargos recomendados polas elites do poder poñen na breña unha parte substancial dos beneficios, con cargo á comunidade tributaria dos cidadáns.
Facendo referencia á eficacia, é habitual acudir a Vilfredo Pareto, economista, sociólogo e filósofo italiano, para quen unha situación é óptima cando xa ninguén pode gañar sen que perda algún outro; pero, se alguén perde, e aínda que isto podería ser aceptable, existe un perigo a que a regra de Pareto permita recomendar decisións que non son eficaces no sentido en que el as aplica. En todo caso, un sistema de goberno baseado na unanimidade sería, naturalmente, un sistema ideal, e sobre el pode defenderse o desexable da democracia nas formas máis realistas baseadas nas regras da maioría, o que equivale a afirmar que un modelo de democracia xustifícase polo desexable da unanimidade, e esta postura radica en que as decisións gobernamentais espérase que beneficien a todos os cidadáns. Ademais, a unanimidade, a súa vez, implica autogoberno dos cidadáns, ao dotalos dun poder de nas decisións.
Este poder de veto implica o autogoberno no sentido específico de facer que asas decisións tomadas reflictan preferencias e satisfagan os desexos dos cidadáns. Creo que hai unha figura a imitar que nos aclara isto: A soberanía política dos cidadáns pode entenderse como a soberanía económica dos consumidores no mercado, pois eles, aínda que non se meten a discutila nos despachos dos empresarios vendedores, é indiscutible que estes teñen que atender os desexos dos compradores. Polo tanto, parece evidente que os procedementos para a toma de decisións sociais debe realizar algunha versión razoable de autogoberno. Pero se separamos o que esiximos aos procedementos do que esiximos como resultados dos mesmos, o desexable de autogoberno debe percíbese fundado nos valores que a convivencia social considera aceptables, promovidos nas institucións básicas pertinentes. E isto permite concluír que o verdadeiro desexo debe estar vinculado á moral das políticas e leis que o sistema de goberno produce para suplir con singular exquisitez o que no nos da feito a natureza, aínda que nos capacite para facelo, por exemplo a mesma sociedade, da que a xustiza ven a ser a primeira característica da estrutura que garante a convivencia.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES