Algo é algo
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de enero de 2026
Evidentemente, non podemos pensar que imos amañar o mundo por moito que o intentemos; pero por pouco que poidamos facer: algo é algo.
Cando teñamos en conta que canto facemos ten repercusión no resto dos mortais aínda que se encontren nas antípodas...
Daquela, seremos conscientes do peso das nosas obras no resto da humanidade.
Tendo esto presente cabe esmerarnos ata nos pequenos detalles.
PEQUENOS DETALLES Ó ALCANCE DE TODOS
-UN SORRISO A UNHA CRIATURIÑA que nos responde con outro, encende na nosa alma unha chispa de felicidade.
A súa inxenuidade, a súa inocencia, a súa delicadeza e a súa sencillez, danos unha gran lección.
-UNHA MIRADA COMPASIVA E UN PEQUENO DONATIVO a unha persoa necesitada, alégralle a vida porque alguén se fixa nela.
Ó sentirse amada, recobra vida, perde tristura e estira a alma.
-UNHA VISITA A UNHA PERSOA SOA: é un raio de sol que entra pola ventá da súa alma.
A soidade indesexada está facendo mella en moitas persoas, principalmente maiores que pasan horas e días esperando que alguén se lembre de que existen.
Nestes tempos a xente nova está absorbida pola voráxime do traballo, dos estudios ou do ocio e non reserva tempo para as obras de caridade.
-UNHA CHAMADA TELEFÓNICA para interesarse por alguén: significa que temos presente a esa persoa, que a valoramos e que a apreciamos.
Sentirse querido é unha necesidade vital.
-UNHA FELICITACIÓN por un éxito acadado fai moita ilusión e sobe a autoestima da persoa que conseguiu algo moi desexado:
Recupera-la saúde, conseguir un posto de traballo, aprobar unha oposición, un nacemento moi desexado...
-UN "AQUÍ ESTOU" para o que poida serche útil, é un colchón que ofrece descanso a alma de moitas persoas necesitadas.
Nos tempos tan cronometrados que vivimos, ten moito mérito que haxa persoas que saben administra-los seus asuntos ó mesmo tempo que pensan nos demais.
-"UNHA ORACIÓN POLA TÚA RECUPERACIÓN" é unha inxección de efectos extraordinarios.
A oración chega á presenza de Deus e obra maravillas que humanamente non poderían conseguirse.
-UN "SENTIDO PÉSAME" cando corresponde, dinos que non estamos sós e axúdanos a sobrelevar o dó.
É como un barómetro que mide a nosa "presión" social.
Mostra o impacto que deixamos na alma das persoas que encontramos no camiño da vida
-UN "ACOMPÁÑOTE", ante unha situación delicada, indica moita sensibilidade por parte da persoa que se ofrece e moito alivio para a persoa axudada.
-UNHA APERTA ESPONTÁNEA dunha persoa que leva moitos anos sen verte, deixa unha pegada na alma que resume o que significaches para esa persoa tempos atrás.
-UN FAVOR: por pequeno que sexa pode sacar dun apuro.
NOS PEQUENOS DETALLES DA VIDA DIARIA
Coñecese a talla humana das persoas e saboréase a bondade das súas almas.
A talla humana é a auténtica talla.
Non ten que ver coa talla física.
Tampouco ten que ver co nivel de estudios, aínda que estes non deberían ser un estorbo.
Tampouco ten que ver coa raza, nin coa cor da pel.
A veces incluso non ten que ver coa relixión, aínda que esta debería favorecela.
Tampouco ten que ver coa economía.
Só ten que ver coa bondade que almacena no seu corazón.
A EXPERIENCIA DINOS
Que ante unha emerxencia bota a man quen menos te esperas: Eso si: unha persoa con bo corazón.
Afortunadamente sempre a Providencia envía axuda por medio de unha persoa de bo corazón.
Sencillamente que teña bo corazón, sen distinción de raza nin de relixión.
Desto, ata a Sagrada Escritura nos fala na parábola do bo samaritano.
Nese mundo tan deconfiado, precísanse persoas de bo corazón.
A BONDADE DO CORAZÓN FAI MARAVILLAS
Unha persoa de bo corazón non ten prezo.
Soamente as boas obras serán capaces de transformar ese mundo cargado de inxustizas por outro moito máis xusto.
As persoas de bo corazón levan o Amor na súa alma que é o que as impulsa a facer tantas maravillas no día a día.
"O AMOR TEN A SOLUCIÓN"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora