O Belén da igrexa de San Pedro de Cambás amenceu hoxe cunha imaxe tan impactante como simbólica: o portal de Belén completamente baleiro e, ao seu carón, unha cárcere na que aparece encarcerada a familia de Nazaret.

A ausencia do neno Xesús e dos seus pais non é casual. Varios letreiros colocados diante do portal explican o significado desta escena. Neles denúnciase que o neno Xesús foi detido por axentes de Inmigración tras unha denuncia promovida por partidos xenófobos.

A montaxe afonda no seu contido lembrando que Xesús naceu pobre, foi inmigrante e tivo que ser acollido, e que ademais foi perseguido desde o seu nacemento.
Unha realidade histórica e bíblica que contrasta cos discursos políticos e sociais actuais que criminalizan ás persoas migrantes.
A instalación conclúe cunha mensaxe clara e directa, que interpela tanto a crentes como a non crentes: A XENOFOBIA NON É COMPATIBLE CO NADAL.
Con este Belén reivindicativo, a parroquia de San Pedro de Cambás quere convidar á reflexión sobre o verdadeiro significado do Nadal e denunciar actitudes e políticas que entran en contradición coas mensaxes fundamentais do cristianismo.