Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1.635

Xiz, Xulio - miércoles, 07 de enero de 2026
A U.E. veu racionalizar determinadas festas neste país trasladándoas ao domingo inmediato, para harmonizar o calendario de traballo nos diversos países, aínda que en ocasións como o Nadal sigan existindo festivos e vísperas alternándose con tal ritmo que é difícil tomar conciencia do carácter festivo ou feirado do día no que nos atopamos.

Esta incertidume non existe no Psoe provincial que ten que acomodar importantes asuntos no goberno provincial de cara ao próximo día 14, no que será elixido novo Presidente -neste caso, parece que Presidenta- da Corporación, tendo que facer encaixe axedrecístico para que non se derrumbe o castelo de naipes.

Como Tomé conserva a súa acta de deputado, o partido ten que atopar solución que a el non lle desagrade para lograr o seu voto afirmativo, parecendo telo conseguido coa designación por aclamación da alcaldesa de Burela, Carmela López, que nas primarias do Psoe deu o seu apoio a Tomé, pero ten conseguido a aprobación dos deputados do partido críticos coa executoria de Tomé.

Que en política non hai días festivos, é boa proba a elección da candidata en total consenso, da que cabe agardar un fervoroso exercizo á fronte do goberno provincial, sabendo que cando conseguiu a alcaldía de Burela se tatuou o número 1.635, que foi o número de votos conseguido polo seu partido nos últimos comicios.

Os trece votos precisos nesta elección ben poderían ser unha peculiar cifra cabalística para un novo tatuaxe, aínda que se continúa con esta baraka política quizais deba reservarse para futuras victorias. E xa que rematan as festas, que o día catorce non se manque ninguén que queda moito partido por xogar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES