Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 07 de enero de 2026
Polas augas do Orinoco

Andei polas augas infestadas de crocodilos. Polas augas do río Orinoco. A verdade é que non sei que pintaba alá, en Venezuela. Si sei que collera un avión, que botara a durmir ó momento e que espertara nun país estranxeiro. Tiven que preguntar cal era. A miña reacción foi tan brusca que botei a correr como polo sen cabeza e, aquí estou, cruzando as augas do Orinoco. Atestadas de crocodilos.
Pingas de Orballo Non son ningún valente. Teño medo. Os bocados deses réptiles non é cousa de rir nin é peixe podre. Seguro que nun ñam ñam fanme desaparecer nun amén, nunha escampadiña. Tamén é verdade que darán cun canto no peito, digo nos meus ósos. Porque carne atoparán pouca. Sempre fun moi pouquiña cousa.
Porén, agora mesmo acabo de pensar nas pirañas e xa non sei a quen lle ter máis medo; se a elas se a eles. O asunto ten o seu aquel. Nestes intres, medo xa non teño... estou cagado! Empezo, entón, a choupar, a batuxar moi amodiño nas augas do río Orinoco. E coa angustia preméndome as entrañas. E cos latexos oprimíndome o corazón. O peor de todo é que aínda non alcancei a metade do río. E se pego a volta, se retrocedo? Ata agora non notei nada, non pasou nada, pero...
Haberá crocodilos no Orinoco? E pirañas, haberá pirañas no Orinoco? Definitivamente recúo, ceo, retrocedo. Amodiño. Mirando por todo o meu arredor. Buscando burbullas que descubran un posible perigo. Non vaia ser o demo, digo os crocodilos ou as pirañas. Que carallo pinto eu no río Orinoco! En Venezuela! Que non é á volta da esquina.
Entre pensamentos e medos alcanzo a beira do río, do río Orinoco, en Venezuela. Boto a correr, feliz e contento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES