Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felices festas ou Feliz Nadal?

Rubia, Xoan - martes, 06 de enero de 2026
Pois por semellar non ter cousas máis importantes nas que nos empeñar, resulta que entramos na polémica á hora de desexar felices Festas ou feliz Nadal, algo que baixo o meu punto de vista non ten moito percorrido. Todo isto ten a súa orixe no afán por parte da dereita deste país en defender a teses de que o cristianismo esta en perigo en occidente, teses que por certo xa esgrimiu ao outro lado do mar, como non podía ser doutro xeito, Donald Trump, defendida en Europa pola italiana Giorgia Meloni e secundada no noso país pola dereita ultra e a ultradereita. E todo isto ten un cheiro xenófobo, como se outras relixións estivéranlle a comer as papas as nosas raíces cristiás por albergar aquí a seres humanos "infieis" procedentes doutros lugares. E a verdade é que a celebración cristiá do natalicio de Xesús foise convertendo co paso do tempo máis nunha festa profana que nunha conmemoración relixiosa. Non hai que lle dar moitas voltas a isto porque aí están as probas para quen as queira ver. A tradicional festa do Nadal foise transformando pouco a pouco na máxima exaltación do consumismo que invita ao gasto desaforado, á compra masiva de cousas que na súa maior parte non necesitamos, e de alimentos, moitos deles larpeiradas, que non benefician a nosa saúde, e todo isto xustificado polo nacemento dun neno en Belén hai máis de dous mil anos que temos que celebrar así: comprando, comendo e bebendo. Nisto converteuse o Nadal que a extrema dereita internacional e a España "devota de Frascuelo e de María" queren transmutaren agora nunha guerra cultural na defensa das esencias do cristianismo que o goberno de Pedro Sánchez, ao que se lle escapou un "Felices Festas!", pon en perigo, vaia por deus.
A árbore de Nadal coas súas lámpadas de cores foi substituíndo pouco a pouco ao tradicional belén aínda que nalgúns fogares son complementarios. Todo isto é froito do colonialismo cultural ao que fomos sometidos dende a factoría de soños de Hollywood e o "american way of life" que tomamos como referencia. E nesas estamos. Malia todo desexo estean a pasar ¡Felices Festas! ou ¡Feliz Nadal! que tanto ten.
Felices festas ou Feliz Nadal?
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES