Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 06 de enero de 2026
Coma o Cabalo de Atila

Adolf Hitler, Sauron, Joseph Stalin, Darth Vader, Osama Bin Ladem, Lord Voldemort, Sadam Hussein, o Joker, James Moriarty, Jigsaw, Doutor Doom, Hannibal Lecter, Lex Luthor, Conde Drácula, Scar, Nicolás Maduro e Donald Trump. A lista de malvados, reais e ficticios, podía ser aínda moito máis longa, pero para este relato abonda cos nomeados. A miña intención é a de meter ó último gran endemoñado, perverso e pérfido chamado Donald Trump.
Pingas de Orballo É certo que Nicolás Maduro é dos bichos raros, dos espíritos malignos existentes no noso planeta, mais o de Donald Trump xa non ten nome. Ata penso que o de psicópata lle queda pequeno. Tal personaxe non pode ir polo mundo adiante coma Xan polo outeiro ou coma o cura pola igrexa. E vai. E xa ninguén se atreve a abrir a boca, a non dar un chío na súa contra, non vaia ser o demo que bombardee ou invada o país do que lle chame a atención.
Donald Trump, o tipiño que anda na procura do Premio Nobel da Paz a base de bombas, de bombardear países, desde Irán a Nixeria, pasando por Siria, Somalia, Iemen e, agora, Venezuela. Donald Trump, o presidente ianqui que insinúa que todo o que el diga vai á misa. E se alguén non vai, que empece a rezar polos seus mortos.
Donald Trump, ese bicho que, xa nas expresións que pon, son coma para morrer co medo. Donald Trump, ese home que se sente coma o cabalo de Atila. Donald Trump, ese personaxe que, aínda sabendo que causa mofa, segue facendo a festa e botando os foguetes, ou sexa, as bombas. A comunidade internacional intentará xustificalo coa sombra malévola de Nicolás Maduro, sen pensar que a quen realmente bombardeou foi a un país, a un país que non é seu.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES