En Begonte renace o Nadal
Santalla, Iago - lunes, 05 de enero de 2026
Dende 1972 en Begonte renace o Nadal. Este foi o ano no que o seu párroco José Domínguez .Guizán decidiu crear un Nadal chairego. Entón, xunto con José Rodríguez Varela buscou a maneira de construír un Belén electrónico cando a electricidade aínda era un soño precario para o rural galego.
Neste belén, como no poema de Bernardo García Cendán, Xesús renace galego (ou chairego) nunha simbiose perfecta entre a paisaxe física que o acolle e a realidade histórica daquela Palestina onde o noso mundo cambiou de era.
Tendemos a pensar no Nadal como unha realidade homoxénea sen pensar que o mundo ten climas distintos, que cando nun hemisferio é verán noutro é inverno ou que o mundo rural é permanentemente excluído das luces cegadoras do consumismo. Pois en 1972, José Domínguez .Guizán e José Rodríguez Varela rachan con isto creando un Nadal xenuíno onde a humildade dá vida ao inicio dunha era...
O mellor do Belén de Begonte é que é un soño que persiste en moitos corazóns. O seus creadores non deixaron unha obra perfecta, tiveron a xenerosidade de abrilo ao progreso para recrear, da maneira máis fidedigna posible, o nacemento dun Xesús tan galego como universal.
Ben merece unha visita este Belén que recrea a os traballos, as xentes, os feitos da Palestina na que Xesús naceu. Unhas vidas afastadas por vinte séculos pero unidas polos duros traballos impostos pola fermosa paisaxe rural.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora