Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (7)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 27 de enero de 2026
Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (7) 2. Armesto, San Román
2.1. Cruz Misional.


Coordenadas U.T.M. X=647.713 Y= 4.743.437

Na década dos 50, do século pasado, o cardenal Darriba Castro ligado coa parroquia de Penamaior, veu celebrar unha misión a esta comunidade parroquial.

No interior do pórtico da igrexa hai unha cruz, adherida ao muro lateral dereito.

Trátase dunha cruz de madeira, de estrutura latina, que remata nos extremos dos seus brazos nunha superposición de dous tramos: o inferior, de forma troncopiramidal; e o superior, de forma troncopiramidal invertida.

3. Cruzul, San Martiño de.
3.1. Cruz Misional.


Coordenadas U.T.M. X= 651. 527 Y=4.745. 434.

Trátase dunha cruz misional de madeira, de estrutura latina, e de sección cuadrangular -agás nos extremos- que se encontra no interior da igrexa parroquial, pegada ao muro lateral dereito. Estudio de Cruceiros e cruces misionais de Becerreá, Lugo (7) Os extremos de ambos os dous brazos están formados en cadanseu lado por unha molduración cóncava -caveto- sobre a que se superpoñen dúas pequeñas molduracións convexas, rematando nun pequeno arco apuntado. Así mesmo os ángulos existentes na intersección de ambos os dous brazos, amosan unha ornamentación xeométrica, estrelada, que remata en formas puntiagudas. Amosa moitas semellanzas coa cruz misional de Agüeira, sendoámbas as dúas do mesmo restaurador.
En canto as inscricións tanto do brazo vertical como do horizontal están referidas ao símbolos de Cristo; a data na que se realizou a misión; e, tamén, á orde relixiosa, que celebrou a misión. Así na parte superior do brazo vertical aparece a inscrición INRI. Ao longo do brazo horizontal maniféstase a inscrición. SANTA no brazo dereito; e MISIÓN no brazo esquerdo.
Na parte media do brazo vertical maniféstase a inscrición REDENTORISTAS, dun xeito ovalado. Na parte inferior do brazo vertical amósase a inscrición 11-V/ 1943 /dun xeito superposto.
Con respecto aos elementos decorativos dos que vai provista distinguimos nos seus brazos os seguintes instrumentos da paixón: no remate do brazo horizontal dereito, unhas tenaces; no remate do brazo horizontal esquerdo, un martelo; na intersección dos brazos horizontal e vertical, unha coroa de espiñas -de cor verde- cun corazón vermello no seu interior, que leva un pequeno símbolo cruciforme por riba; na parte superior do brazo vertical, tres cravos; na parte media do brazo vertical, unha hostia cunha cruz vermella no seu interior e un cáliz por baixo da hostia; o cáliz está máis separado da hostia que na cruz misional de Agüeira.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES