Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crego de Xestoso, Cambas (A Coruña), Momán e Labrada (Lugo) denuncia

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - miércoles, 31 de diciembre de 2025
O presidente da Conferencia Episcopal Española, O presidente da Conferencia Episcopal Española, Luís Argüello García, aínda non dixo unha soa palabra sobre que Albiol deixase a máis de 400 persoas na rúa. Ningunha. Nin un xesto, nin unha chamada á conciencia, nin unha mínima defensa de quen, en pleno decembro, quedaron sen teito.

Resulta rechamante -e doloroso- o silencio de quen se presenta como guías morais. Moi rápidos para pedir eleccións, moi firmes para opinar sobre o poder e o rumbo do país, pero extraordinariamente lentos cando se trata de defender aos máis vulnerables, a uns solicitantes de pousada precisamente a noite do 24 de decembro.

Non era aí onde comezaba o Evanxeo? Non foi esa mesma escena a que deu sentido ao Nadal?
Parece que a caridade cristiá quedouse nos discursos, mentres a realidade se conxela nas beirarrúas.

Se Cristo aparecese hoxe, pobre e sen papeis, chamando a unha porta pechada, probablemente sinalaríano outra vez. Acusaríano de molesto, de incómodo, de alterar a orde.
E volverían condenalo.

Porque hai fariseos que rezan moito, falan alto e miran pouco.
E hai silencios que tamén crucifican.

deixase a máis de 400 persoas na rúa. Ningunha. Nin un xesto, nin unha chamada á conciencia, nin unha mínima defensa de quen, en pleno decembro, quedaron sen teito.

Resulta rechamante -e doloroso- o silencio de quen se presenta como guías morais. Moi rápidos para pedir eleccións, moi firmes para opinar sobre o poder e o rumbo do país, pero extraordinariamente lentos cando se trata de defender aos máis vulnerables, a uns solicitantes de pousada precisamente a noite do 24 de decembro.

Non era aí onde comezaba o Evanxeo? Non foi esa mesma escena a que deu sentido ao Nadal?
Parece que a caridade cristiá quedouse nos discursos, mentres a realidade se conxela nas beirarrúas.

Se Cristo aparecese hoxe, pobre e sen papeis, chamando a unha porta pechada, probablemente sinalaríano outra vez. Acusaríano de molesto, de incómodo, de alterar a orde.
E volverían condenalo.

Porque hai fariseos que rezan moito, falan alto e miran pouco.
E hai silencios que tamén crucifican.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES