Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ata en Folgoso do Courel

miércoles, 21 de octubre de 2009
Cavilando no tema da política, os que vivimos nunha pequena capital de provincia podemos pensar que as grandes discusións quedan para as cidades grandes, as cámaras onde se debate de cara ós medios informativos ou hacia os asistentes interesados, coidando que a política máis local, a dos pobos, é unha balsa de aceite.

Pois resulta que en pobos e aldeas é onde poden darse os sentimentos máis encontrados, onde as querencias políticas poden enfrontar familias e rachar amizades forxadas a través de xeneracións. Que a política está no Ave, nas grandes estradas, nas planificacións urbanísticas pero tamén -e de xeito moi especial- na construcción dun lavadoiro ou no asfaltado dunha corredoira.

Que o goberno dun concello poida cambiar en catro anos xa é fluidez abondo, pero se polo medio hai unha moción de censura, ten que producirse no pobo e nas aldeas unha moi especial situación. E temos un exemplo recente -A Estrada- e dous inmediatos: o de Láncara, xurdido porque non se producíu a alternancia prevista entre as dúas forzas políticas que coaligaron inicialmente, e o de O Courel. Nunca a gusto de todos, especialmente dos que resultan quedar en minoría por ter variado as reglas do xogo, ou o xogo mesmo.

Láncara, víase vir. Era a crónica dunha moción anunciada. Pero O Courel, onde parece que a tranquilidade é a primeira norma vital, promete animación política alomenos para o resto da lexislatura.

Os pobos máis pequenos, con esto da globalización, están á distancia dunha onda hertziana de todos os centros mundiais de decisión. Pola repercusión mediática que o tema conleva, Láncara e O Courel serán por un momento o centro do noso universo. Non faltará quen se poña diante da cámara para saudar e saír na foto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES