Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

65 anos

martes, 20 de octubre de 2009
Cando o tema se menciona tanto, é que algo hai. E a cifra dos sesenta e cinco anos como data para a xubilación forzosa dos traballadores, aparece de cando en cando, nas conversas e nos medios informativos, coa natural preocupación dos que a teñen perto de si.

Que as cifras macroeconómicas non andan ben, é de xeneral aceptación. E calquera aumento en anos da idade de xubilación significará un bo respiro para as arcas do Estado. Pero hai moitos outros factores concurrentes.

Por unha parte, está a necesaria renovación do mundo laboral, no que hai que buscar acomodo á xente nova que se incorpora e ós millóns de parados que no noso mundo hai. E todo eso hai que facelo compatible coas políticas estatais de adiantar a xubilación dos transportistas a partir dos cincuenta e oito anos, a xubilación dos ensinantes que acusan cansazo físico e moral nos últimos anos da súa carreira docente, e xa non digamos os adiantos no mundo da banca e do aforro que –sen ir máis lonxe, no caso de Galicia- de producirse as fusións das dúas maiores entidades de aforro vai supoñer a xubilación de varios centos de traballadores sobrantes na conxunción dos equipos e das infraestructuras.

O nivel de xubilación, que no Estado español está situado nos sesenta e cinco anos pero por Europa adiante rexistra outros topes máis baixos, é hoxe motivo de preocupación para os traballadores, as empresas e o Estado, pero non parece moi lóxico nin posible que vaia a tocarse, a pesar de todos os condicionamentos.

Aínda inmersos na crise, a todos os implicados na gobernación deste tema se lles enche a boca falando da solidez do sistema de pensións, garantido por non se sabe ben cantos anos. Falla fará, porque –co sistema sanitario español- é o pilar máis básico do noso xeito de vivir.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES