Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Poderemos facer algo?

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de enero de 2026
Despois de tantas festas, toca poñerse a facer algo para que este ano sexa algo mellor que o anterior.
Cadaquén saben en qué pode colaborar para que este mundo sexa máis xusto e poidamos realizármonoss con mellor calidade de vida.
Tódalas aportacións son válidas, cadaquen según as súas posibilidades.
A INFANCIA DEBE COLABORAR, ¡CLARO QUE SI!
Seguro que os proxenitores se portaron moi ben e agora toca á infancia agradecer cun comportamiento excelente.
-Comportamento excelente na casa para non dar disgustos ós proxenitores e para que se sintan orgullosos deles.
-Comportamento excelente na escola para que o profesorado poida traballar a gusto e o rendemento académico sexa moi bo.
-Comportamento excelente os de familias crentes para cumprir cos seus deberes cristianos de aisitir á misa e á catequese para ir medrando en sabedoría e bondade.
A XUVENTUDE TAMÉN PODE COLABORAR
-No seu lugar de estudio, aproveitando a oportunidade de adquirir os coñecementos necesarios para ter un futuro prometedor.
-No mundo laboral, desempeñando con honradez a súa misión para conservar o seu posto de traballo ó tempo que axuda ó enriquecemento persoal e do país.
-No ocio, divertíndose sana e santamente como corresponde a unha persoa que quere levar unha vida digna.
OS ADULTOS ¿CÓMO NON VAN COLABORAR?
É unha aténtica gozada ver como na súa misión de proxenitores dan bos exemplos á xente nova para que poidan construirnos ese mundo que tanto desexamos.
Non é menos importante a súa colaboración no enriquecemento social mediante a súa aportación no mundo laboral e tamén no tempo de ocio, levando unha vida moderada na que poida mirarse a xente nova.
É tamén de suma importancia o coidado dos enfermos e anciáns que teñen ó seu cargo co mesmo esmero que lle gustaría que os coidaran a eles.
OS SÉNIORS TAMPOUCO QUEDAN ESCLUIDOS
Cando levan con paciencia os achaques propios da súa idade ó mesmo tempo que aportan paz e serenidade na vida do fogar, dando paso ás novas xeracións.
UN PROGRAMA APTO PARA TODOS
Neste sentido non hai distinción por razón de idade, sexo, lingua, raza, poder económico, relixión ou títulos académicos.
CÓMPRE CONCIENCIACIÓN E IMPLICACIÓN
Somos moi dados a decir que o mundo vai mal porque sempre hai motivos para queixarse.
Nós somos os encargados de correxir moitos dos males de hoxe en día cando:
-VEMOS A INFANCIA MAL EDUCADA:
As criaturiñas non nacen maleducadas.
Aprenden do que ven na casa, principalmente.
Por eso a educación no fogar ten tantísima importancia.
Porque na casa é onde se aprende:
-A maneira de tratar ás persoas.
-A pedir as cousas por favor.
-A saudar.
-A dá-las grazas.
-A ceder o paso.
-A respectar ás persoas maiores.
-A obedecer ó profesorado.
-A portarse ben na igrexa os que van á misa.
-A ceder o asento a unha señora embarazada ou unha persoa con mobilidade reducida, ou minusválida.
-A recolle-los xoguetes e os libros e outros moitos detalles...
- VEMOS RAPACERÍA QUE VAI POR MAL CAMIÑO:
Sempre haberá algunha ocasión para:
-Darlle un consello.
-Ofrecerlle un remedio ó seu desvío: un libro, un psicólogo, un sacerdote...
-Formación nalgunha profesión que lle guste...
-VEMOS UNHA FAMILIA LOITANDO COA ENFERMIDADE:
¡Canto se agradece a axuda nestes momentos!
Visitar, dar ánimos, acompañar, solidarizarnos na medida das nosas posibilidades, escoitar, consolar...
Ofrecerse para o que poidamos ser útiles.
- VEMOS PERSOAS SUFRINDO SOIDADE INDESEXADA:
Reservar un tempo para visitalas.
Chamalas por teléfono.
Mandarlles un whtsapp dándolles ánimos.
-Facilitarlles algunha lectura de proveito.
¡Hai tanto que facer!
POR POUCO QUE FAGAMOS, SEMRE SERÁ UN PROBLEMA MENOS.
Un grao non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro.
A ninguén se lle pide máis do que poida facer.
"ALGO É ALGO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES