Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - martes, 30 de diciembre de 2025
O Nadal é...

O Nadal. O Nadal é bonito. Que bonito é o Nadal! Brillante. Luminoso. Festivo. Trouleiro. Divertido. Apurado. Acelerado. Gastronómico. O Nadal é a máxima expresión da convivencia familiar. O Nadal é para a familia. O Nadal é ese desexo eterno para a boa saúde. Si, tamén para a paz. Si, tamén para o amor. Pero ante a saúde que se quite todo o demais. O Nadal é bonito. Que bonito é o Nadal!
Pingas de Orballo O Nadal é unha carallada. Un enganaparvos. Unha escravitude. Un dispendio. Un sacrifico. Un non rematar nunca. O Nadal é horrible. Présas. Gastos. Moitos gastos. Traballo. Moito traballo. Sorrisos forzados. Abrazos falsos. Estómagos cheos. De grandes enchedelas están as tumbas cheas. O Nadal é horrible. Que fodido é o Nadal!
As luminarias nas aldeas, vilas e cidades pasan xa de guerras a ver quen as fai máis bonitas. Compénsalle a un concello gastar a tira e máis en alumeados estratosféricos e que se eternizan no tempo por unha pequena chamada de turistas?
Apurado. Como se deixa todo para o último día, asoman as présas, os atascos e os cabreos.
Gastronómico. Isto xa é a crucifixión. Que todo un día para facer de comer. Que todo un día fregando cacharros e máis cacharros. Comida e máis comida. Que sobra unha morea dela. Que hai que comer as sobras en días vindeiros. Que malestar nos estómagos. Que insomnio ante este malestar. Que maldito Nadal. Que cando rematará. Definitivamente, o Nadal é horrible, truculento, terrorífico. O Nadal é fodido!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES