Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boas festas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de diciembre de 2025
Chegou o Nadal.
Deus está sempre presente pero renace cada ano nos nosos corazóns, que fan de humilde manxadoira, para renovar a vida cristiana.
Estamos moi ledos disfrutando deste regalo de incalculable valor, celebrando con xúbilo o NACEMENTO DO NENO DEUS, que, aínda que algúns non o crean, cambiou para sempre a faz da terra.
FESTAS ENTRAÑABLES
Atrás quedou a NOITE BOA en compañía dos seres máis queridos.
Outros xa remataron a súa peregrinaxe como tamén a remataremos nós o día menos pensado.
Agora toca festexa-lo NADAL, unha festa universal na que os cristiáns celebramos o amor de Deus feito un Meniño de carne e óso, igualiño que nós en todo, menos no pecado.
Un acontecemento sen igual que cambiou a historia de humaniade co inicio dunha nova Era.
Coa era cristiana inauguramos un código de vida que nos promete a felicidade con tan só dous preceptos.
DOUS PRECEPTOS:
1.- AMAR A DEUS, ANTE TODO
2.- AMAR OS DEMAIS COMO DEUS NOS AMA A NÓS.
Máis resumido, imposible; pero non resulta tan doado como a primeria vista parece.
Esixe renunciar ó que nos pide o noso EGO en favor do amor universal
Non se nos pide nada imposible, aínda que sexa difícil.
Se poñemos a producir os talentos que a vida nos regala, podemos avanzar cara a un mundo mellor.
UN MUNDO MELLOR
Un mundo mellor é posible, pero é un proceso moi lento.
É lento porque, a veces, imos desorientados pola vida.
Poñemos o egoismo por encima de todo.
Nin somos felices nós, nin deixamos vivir en paz os demais por culpa do devandito egoismo.
O EGOISMO É UN FREO
Ralentiza a consecución dun mundo mellor; pero con constancia e paciencia, chegará.
Porque, grazas a Deus, hai moitas persoas que comprenden cal é a misión á que están chamadas: amar a Deus e ós irmáns.
Estas persoas poñen as súas capacidades ó servizo da humanidade porque están convencidas de que amando a Deus e ós irmáns, todo é posible.
TEMOS UNHAS CAPACIDADES ASOMBROSAS
Somos seres creados a imaxe e semellanza do Creador cunhas capacidades asombrosas, que, usándoas ben, permítennos administrar rectamente a nosa vida de modo que poidamos vivir felices.
-VIVIR FELICES: disfrutando do milagre da vida, que é o mellor dos
regalos.
-VIVIR FELICES: gozando dunha familia aínda que teña luces e sombras.
-VIVIR FELICES: en comunidade aportando o mellor de nós.
-VIVIR FELICES: baixo un teito que nos cobixa e nos permite ter intimidade coas persoas que máis queremos.
-VIVIR FELICES: no lugar que nos viu nacer, rodeados da nosa xente.
-VIVIR FELICES: na época que nos toca aportando o noso grao de area ó benestar común.
-VIVIR FELICES: aprendendo a ser mellores persoas ó longo de toda a vida.
-VIVIR FELICES: agradecendo, compartindo e disfrutando coa nosa xente, para que poidamos gozar dunhas BOAS FESTAS.
¡PARABÉNS!
Afortunadamente temos moitos motivos para celebar unhas boas festas: Noiteboa, Nadal, Aninovo, Reis, paz, benestar...
Pero a nosa felicidade non é plena porque no mundo segue habendo moitas persoas privadas do máis elemental: pan e paz.
FALTAN: PAN E PAZ.
Neste planeta no que habitamos, hai recursos suficientes para que todos poidamos levar un bocado de pan á nosa boca e tamén para que poidamos disfrutar de paz nos nosos corazóns.
Pero...
Nos nosos corazóns aínda queda moito egoismo por desterrar.
Estamos moi enganados traballando día e noite para acumular bens que engordan o noso ego; facendo de nós persoas egoístas.
O mundo sería moito máis feliz se souberamos agradecer e compartir.
AGRADECER E COMPARTIR
Fáltanos moito agradecemento a Deus, á vida, ós talentos, ás oportunidades, ás persoas que nos aman e ás que nos dan bos exemplos.
¡Se souberamos recoñecer o moito que nos dá a vida!
¡Se puideramos setirnos agradecidos por tantos bens!
Daquela: saberíamos compartir.
¿PODEREMOS FACER ALGO?
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES