Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 25 de diciembre de 2025
Cita coa psicóloga

Tan axiña como cheguei á casa collín o teléfono para pedirlle cita a unha psicóloga. Deuma para as cinco da tarde. Como eran as catro, xa marchei dando un paseo e con tempo suficiente para tomar aínda un café antes de entrar á consulta.
Entrei puntual. A psicóloga era unha muller abondo nova, sobre os trinta ou trinta e algo. Sorriume. Sorrinlle. Cando lle contei o que me pasaba, o seu sorriso esvaeceu cara á un xesto... máis de medo que de preocupación. Ou podo dicir que a preocupación estaba no sorriso que xa non era tal e o medo notábaselle nos ollos.
Que por que ó pechar os ollos sempre me aparece a imaxe na que suxeito un fouciño coa man, un fouciño que, para máis aquel, na súa folla destacan, brillan algunhas pingas de sangue. Á rapaza apareceulle ó instante unha carraspeira e medio se remexeu na cadeira. Para min que a miña imaxe trasladouse ó seu pensamento e non lle debía dicir nada bo, non lle atopaba significado. Ou si.
Vendo que aquilo, a entrevista, a cita quedaba en punto morto, eu, para animar o estancamento, a crise, agrandei aínda máis o sorriso coa intención de trasladarlle unha certa calma á pobre psicóloga. Fíxeno peor. Creo que o meu sorriso lle evocou a imaxe daquela famosa foto da película "O resplandor", na que Jack Nicholson asoma coa súa cara por unha porta entornada.
Para que o nerviosismo da muller non fose a máis, erguín da cadeira, díxenlle que pensase no significado da miña visión e que xa mo diría na próxima cita. Medio sorriu, chocamos as mans e marchei. Espero que non pensase que ía buscar o fouciño.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES