Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 24 de diciembre de 2025
Sobre unha desaparición

Unha vez máis o concello de Baños de Molgas botou man dos meus servizos para que realizase unha investigación sobre a desaparición do Neno Xesús do belén existente na casa dun particular na aldea de Alvite.
Marchei a fume de carozo e o primeiro que fixen foi mirar no propio pesebre por se o neno, ó ser pouquiña cousa, estaba agochado ou perdido entre as pallas da corte. Custoume facer levantar ó boi; non fose o demo Pingas de Orballo que o esmagase ó deitarse. Examinado a fondo todo o pesebre, seguín coa investigación por todo o resto do belén.
Pregunteille a pastores, leñadores, lavandeiras... e nada. Pregunteille ós Reis Magos que viñan de camiño desde o Extremo Oriente (a ver, chocábame un pouco que o neno, sendo bebé, botase a andar, nin tan sequera a gatear, pero... como era Xesús) e nada me dixeron tampouco.
Percorrido todo o belén e sen atopar ó bebé, volvín ó punto neurálxico dos feitos: o pesebre. E pensando xa na lóxica destes casos: o entorno familiar. Adoitan ser os primeiros sospeitosos. Eu xa ía coa mosca na orella: por moito que o carpinteiro fose Santo e a súa muller, María, fose Virxe; o demo sempre o levamos todos dentro e en algunha ocasión ten que saír.
A miña sorpresa foi maiúscula cando me atopei coa Virxe María embarazada. Pensei ó momento en que, tendo un bebé no pesebre, andou aguda para ir por outro. Lanceille a pregunta sobre neno nacido. "Que bebé nacido? Aínda non parín. Foi este veciño que se adiantou ó nacemento. Igual quixo imitar o Abel Caballero". Sen máis comentarios, dei por pechada a investigación.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES