Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caldaloba, na infinda noite de pedra

Meilán García, Antón X. - miércoles, 24 de diciembre de 2025
Aí segue. Media derribada, na infinda noite de pedra: Caldaloba. Aí segue, media comesta polo tempo e a neglixencia do Concello de Cospeito, da Deputación de Lugo e da Xunta. Aí segue para vergoña dos que din protexer a Historia e a Cultura daquel vello Reino de reis, poetas e señores feudais. Corren tempos torvos, con xente torva. Teñen por cabezas, caveiras. E os sentimentos e o amor á Terra tamén son de pedra. ¡Caldaloba!, onde ficou aquel Reino esplendoroso, mais con loita e dignidade. Con loita e dignidade, señorías. Onde o recoñecemento? Dona Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela meteuse na torre a combater aos insaciables reis casteláns e deixárona soa. Os parentes e amigos: Rivadeneiras e Andrades apoiaron ás tropas castelás capitaneadas polo Xustiza Maior López de Haro, e non a ela. E iso que eran galegos e familiares. Onde o noso Reino, Rivadeneiras e Andrades? Onde, onde? Quedou soa, e aínda así, estivo máis dun ano pelexando e defendéndose ata morrer nesa longa moura estadía. Sangue e morte. Ata cando, señorías? As pedras da torre, que aínda quedan en pé, foron testigos daquela loita: aí están os ocos dos bolaños arrebolados polos trabucos. Ata cando, Caldaloba, na infinda noite de pedra. Ata cando?, Rexedor de Cospeito, Señores da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES